Tipos de unidades morfoestructurais.

Páginas: 6 (1390 palabras) Publicado: 29 de noviembre de 2013
TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUCTURAIS:
Unidades morfoestructurais son as formas e a disposición interna que adopta o relevo.
Resultan de movementos tectónicos que se orixinan no interior da Terra e dan lugar a
levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuación da
erosión e da sedimentación. Ambos procesos están condicionados pola natureza das rochas.
NaPenínsula atópanse presentes as grandes unidades morofestructurais do relevo
continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, e concas sedimentarias ou
depresións.
a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como
resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses (formación de
montañas) desta mesma era. Os materiaispaleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa,
cuarcita e xistos. Son moi ríxidas, polo que, ante novos empuxes oroxénicos, non se pregan
senón que se fracturan ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos predominantemente
horizontais, que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península.
b) Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento(rexuvenecemento) dun bloque ou dun zócolo como consecuencia dos movementos oroxénicos
alpinos. Polo tanto, os seus materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade, estes macizos
presentan cumes suaves e arredondados, ó ser superficies de erosió elevadas. Na Península, son
macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo
Galaico e a parte occidental dacordilleira Cantábrica.
c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas que xurdiron na
oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente
calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distínguense dous tipos:
- Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos
dos zócolos (Sistema Ibérico e parteoriental da cordilleira Cantábrica).
- Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais
ou fosas mariñas longas e profundas (Pirineos e cordilleiras Béticas).
Na actualidade as cordilleiras de pregamento presentan fortes pendentes e formas
escarpadas, xa que, pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou.
d) As concas sedimentarias oudepresións son zonas afundidas formadas na era terciaria
e cheas con sedimentos, principalmente de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas
sedimentarias son de dous tipos:
- As concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócalo a causa
das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e
Guadiana).
- As depresións prealpinas, localizadas aambos lados das cordilleiras alpinas (depresións
do Ebro e do Guadalquivir). A súa orixe explicouse pola descompresión posterior ó
levantamento das cordilleiras, que provocou o afundimento dalgúns fragmentos; ou porque,
ó levantarse os antigos xeoxinclinais, quedaron nos seus flancos fosas mariñas pouco
profundas que acabaron colmándose.
Hoxe estas concas sedimentarias son relevos horizontaisou suavemente inclinados porque
non foron afectados por oroxéneses posteriores.

FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS
O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que
se alternaron fases oroxénicas coun outras de calma, nas que predominou a erosión e a
sedimentación.
a) Durante a era arcaica ou Precámbrico(4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha
banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda
a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos
Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto
case na súa totalidade polos mares paleozoicos.
b) Na era primaria ou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tipos De Computadoras Y Unidades Funcionales
  • Tipos de camaras aereas y unidades
  • Tipos y unidades documentales
  • TIPOS DE UNIDADES DE SALUD
  • Tipos de Conexión de Unidades de Almacenamiento
  • Presion sistema de unidades y tipos
  • Temperatura, tipos, unidades de mediciòn, unidades y clasificacion de la medicion
  • Unidades de medida de procesamiento y tipos de teclado

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS