Tomé de aquino
entre a filosofía e a relixión, entre a razón e a fe entorno ao problema da verdadeque se coñece como o problema razónfe. O problema consiste en dilucidar cal é o
camiño que nos leva á verdade : a filosofía creada pola razón humana ou a
revelación que aparece nos textos sagrados. ¿ A que debemos atender : á verdade
natural que procede da razón humana ou á verdade sobrenatural extraída da
revelación divina?. Este problema pode ser considerado o máis importante da Idade
Media polas repercusións que terá na liberdade do pensamento e polo tanto no
avance coerción da labor cultural, filosófica e científica.
O primeiro en intentar solucionar este problema foi Agustiño de Hipona, abrindo así o período filosófico medieval. Este non era un filósofo en sentido estrito, senon un cristián e con esto afirmábase coñecedor da verdade absoluta.
Este filósofo postulaba que a fe xunto coa razón funcionabasolidariamente tendo como fin o clarexamento da verdade revelada, a única verdade que existe é a que o home cristián acepta por un acto de fe. Por tanto para Agostiño só unha filosofía que axude a comprender os contidos da fe merecerá o nome de verdadeira filósofía. A posibilidade dunha filosofía cun contido propio e independente da fe nin se contempla, pois so son verdadeiros os escritos sagradosrevelados por Deus.
Como consecuencias a resposta agustiniana domina o pensamento occidental nos vindeiros sécalos. Este triunfo da razón sobre a fe fai comprensible o escaso avance no cultural dos vindeiros séculos de aí que se denominen sécalos escuros. A non separación entre razón e a fe provoca un estancamento no avance científico e filosófico que non comezará a mudar ata o rexurdimentocultural impulsado desde os mosteiros e posteriormente apareceran novas solucións ao problema razón-fe.
Estas novas solucións comezaran co averrísmo latino e Tomé de Aquino a partires do século XII xa que desde o século VI e durante toda a idade media ate o século XIII a corrente filosófica predomi
nante será a platónicoagustiniana. A este predominio tamén contribuíu o descoñecemento en occidente da filosofía aristotélica. Este aspecto vai a variar a partires do seculo XII gra-
zas aos filósofos árabes. A partir do s. VII comeza a expansión e conquista do mundo árabe e
nesta expansión contactan cos últimos reductos de filosofía grega coñecendo a obra de Aristó-
teles que en occidente estaba perdida. Será a través dos filósofos árabes como no mundo occidental se redescruba a obra aristotélica.
Nun primeiro momento no mundo árabe fórmase un aristotelismo platonizante levado a
cabo polo filósofo árabe de corrente platónica Avicena (s.X). Posteriormente chegará
a occidente os comentarios de Averroes ( XII ) ás obras de Aristóteles que xa nos
presenta un aristotelismo máis puro carente das adherencias platónicas de Avicena. Arepercusión da obra averroísta foi de tal envergadura que a partir do s.XIII formarase en
Occidente un movemento coñecido co nome de Averroísmo latino por continuar coas
teses de Averroes. As teses centrais do averroísmo latino son as seguintes :
- afirmación da eternidade do mundo
- afirmación da mortalidade da alma.
- afirmación da teoría da dobre verdade : sobre unha mesma cuestiónpódese chegar a dúas verdades distintas sendo unha de razón e outra de
fe e terían o mesmo valor.
A pesares da oposición da Igrexa ao aristotelismo o teólogo Tomé de Aquino, sen aceptar as teses do averroísmo, pretenderá facer ver que a obra de Aristóteles é compatible coa fe cristiá
e que a partir da súa obra pode ser explicada a fe. Coa obra de Tomé de Aquino aparecerá o...
Regístrate para leer el documento completo.