TOPOGRAFIA
SUMARIO
1.1. Topografía. Definición. Medicións para a representación gráfica de puntos e para o cálculo
de superficies.
1.2. Clasificación dos ángulos.
1.3. Esquema de aplicacións ó campo profesional.
1.3. Unidades de medida usadas en Topografía
1.4. Fórmulas importantes a recordar.
Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría.Topografía de Obra. EC
Profesor: José Antonio Pardiñas García.
TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía - 1
Con este Tema de Introducción o que se pretende é establecer unha dinámica de relación
aprendizaxe / utilidade para provocar, dalgún xeito, a necesidade de saber, seguindo o esquema do
Curso, que consiste en determinar:
a) Que traballos se poden facer coa Topografía.
b) Con que se fan(Descrición e manexo de aparatos).
c) Como se fan (Explicación da Metodoloxía a seguir).
1.1 TOPOGRAFÍA:
1.1.1.
Definición.
A palabra Topografía, composta de dúas palabras gregas,- topos = lugar e graphos =
escribir- é a Ciencia que se ocupa da medida e representación gráfica dunha porción de terra limitada
en extensión para que se poda considerar plana sin erros apreciables.
Máisampliamente, a Topografía estudia a Metodoloxía para a toma de datos en campo, os
instrumentos e o seu manexo, e o conxunto de principios e procedementos para representar
graficamente, con formas e detalles, naturais e/ou artificiais, unha parte da superficie terrestre, dabondo
pequena, para que se poida considerar substituída polo plano tanxente á mesma no seu centro, sen
erro apreciable.
ATopografía considera a Terra plana, para determinacións planimétricas (forma, posición e
dimensións), nuha extensión aproximadamente igual á dun triángulo xeodésico de terceiro orden. Un
triángulo deste tipo ten uns lados cunha lonxitude entre 10 e 15 Km.
O obxecto da topografía é establecer os COÑECEMENTOS, fixa-los MÉTODOS e ensina-la
PRÁCTICA para conseguir a representación de determinadaszonas de terreo, con tódolos seus
detalles.
Os obxectivos da Topografía son moi variados e podemos esquematizar as partes que
compoñen a súa docencia nos seguintes apartados:
Coñecementos xeráis da materia.
Metodoloxía ou coñecemento científico dos procedementos de medición ou toma de datos
de campo.
Instrumentación: descripción e procedementos de uso dos aparatos para as medicións decampo.
Metodoloxía ou coñecemento científico dos procedementos de cálculo, para a xestión dos
datos de campo e a xeneración dos resultados.
Sistemas de representación gráfica e interpretación para a elaboración da Cartografía.
Metodoloxía para os replanteos e as aplicacións.
Este concepto clásico e parcial da Topografía foi perdendo parte da súa vixencia, co
Área de EnxeñeríaCartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Topografía de Obra. EC.
Profesor: José Antonio Pardiñas García.
TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía - 2
desenvolvemento de outras Técnicas coma a Fotogrametría, que permiten obter unha información moi
precisa sobre grandes extensións, á vez que introduce unha documentación informativa
complementaria, a través da imaxen, que posibilita a realización decartografía temática máis rica que a
que pode acadarse cun levantamento topográfico.
Pero a aparición de instrumentos electrónicos como a Estación Total, que facilita enormemente
a utilización de aplicacións informáticas e que introduce unha precisión nos traballos topográficos que,
ata a súa aparición, na década dos oitenta, só estaba reservada ás técnicas da Xeodesia, devolven un
papeltrascental á Topografía, para tódalas medicións de detalle, para Cartografía de escala grande e,
sobre todo para a execución de proxectos por medio do replanteo.
Ademáis, cada vez existen máis programas informáticos de cálculo topográfico que realizan
cálculos e axustes de gran precisión e dispoñen de potentes editores gráficos ou están asociados con
programas de DAO, que permiten a elaboración...
Regístrate para leer el documento completo.