Trabajo Recensión

Páginas: 5 (1209 palabras) Publicado: 23 de mayo de 2013
O tema que se tratará ao longo da clase foi escollido pola variedade lingüística que se presenta dentro do grupo. Ao mesmo tempo que a inquietude por querer coñecer a zona de onde proviña a fala dalgún dos nosos antepasados.
Por outra banda, a utilidade ou o interese de informarnos das diferentes variedades dialectais para profundizar no coñecemento da lingua galega ao igual que se fai cosdialectos do español e do inglés, foi outra das razóns polas que decidimos elaboralo.
Canto a dinámica de traballo decidiuse que cada compoñente do grupo traería os seus apuntamentos e libros de bacharelato dos que , posteriormente, se escollería a información máis relevante. Asimesmo, apoiarámonos en diferentes páxinas web para sentar as bases sobre as que se traballarán.
Este material foiescollido por estarmos máis familiarizadas con el, xa que durantes os dous anos cursados de bacharelato utilizouse este coa axuda dos nosos respectivos profesores. A pesar de utilizar diversos soportes informáticos optamos por empregar o material xa impreso por consideralo moito máis completo.
O traballo está destinado ao alumnado de educación posobligatoria cunha clase que durará sobre cincuentaminutos; co obxectivo xeral de coñecer as variedades dialectais de Galiza.
A respecto do obxectivo específico, dominar o vocabulario da cultura galega relacionado coas festividades, coa literatura ou mesmo coa tradición pesqueira será un das nosas finalidades.
Empezarase cunha introdución do tema onde se definirán os diferentes conceptos utilizados na unidade, as variedades xeográficas do galegomoderno xunto coa súa fonética e morfosintaxe; os bloques e as áreas nas que se subdividen.
Así, farase una presentación de diversas actividades para reforzar o aprendido; comezando desde definicións e continuando por exercicios de comprensión e algunha táboa para ver mellor cada un dos exemplos.
Tamén se encontrarán actividades de apoio para o alumnado que necesite reforzar o explicado na aula.Elixiuse este programa de actividades dada a súa utilidade á hora de fixar os coñecementos expostos querendo, deste xeito, levalos da teoría á práctica.
Comezamos estes, polos de menos dificultade aumentando o nivel paulatinamente, sendo os últimos onde mellor se vexa o aprendido polo alumnado. Da mesma forma, consideramos importante poñer un apartado práctico.
Canto ao punto forte e a pesar denon profundizar moito, creamos un coñecemento básico imprescindíbel para calquera galegofalante. Ademais resulta positivo o uso de cores e imaxes para alentar o gusto de cada aprendiz cara a unha mellor comprensión dos dialectos .
En relación aos puntos fracos consideramos que o tema resulta un tanto subxectivo, xa que os pertencentes a unha zona recoñecen a súa fala como a estándar sendo erróneaesta concepción.
Xa para rematar, facer de novo fincapé na gran utilidades que ten, para una persoa de Galiza, coñecer ben todos e cada unha dos dialectos que por esta se estenden para dominar realmente o idioma do noso país.




















1. Define os seguintes fenómenos fonéticos dialectais do galego e pon algún exemplos de cada un: gheada, seseo, metafonía.

2.Que diferenza hai entre seseo implosivo e seseo explosivo.



3. Sitúa cada unha das seguintes palabras no seu bloque correspondente (bloque occidental, bloque central ou bloque oriental).
Camiois, colliu, golpe, partí, aquilo, vecía, moito, avolo, man, partemos, estos, tu, camiño.




4. Indica as características dialectais que se dan nos seguintes textos. Adscríbeos a unbloque e, de ser posíbel, a unha área lingüística:

Texto 1.
Ás uito marchar pó mar, pä nêcora, ¿éh? Entónses traballar toda a nuite, a lanses cada unhä hóra. Entonses sácase o märisco é lárghase.
Texto 2.
Esisten aquí nel pueblo unas agrupaciòis, que tan encaminadas a ser pauta para irse mellorando. Hói, hai unha de cuatro vecíus, que pòde poner camín de cén vacas, si lle axudan, el Estado,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • RECENSION TRABAJO DE MAESTRIA
  • Recensión “Aprendiendo la práctica del trabajo social”
  • Recension
  • Recension
  • Recension
  • Recension
  • Recensión
  • Recension

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS