Trabalho Em Escritório

Páginas: 12 (2810 palabras) Publicado: 22 de octubre de 2012
Resumo

Braverman comeza este capítulo facendo unha chamada de atención sobre a evolución da consideración das denominadas funcións burocráticas dende a Revolución Industrial ata a actualidade, evolución que lle permite sinalar que non “estamos tratando da evolução contínua de um único segmento profissional”. Deste xeito, sinala o autor que os “serviços de escritório” de comezos do século XIX,en xeral, semellan máis o antepasado da “moderna gerência profissional “ que o da actual “classificação burocrática”. Así, na actual fase do capiltalismo monopolista os “funcionários de escritório” aparecen como un “novo estrato, criado nas últimas décadas do século XIX e a partir de então enormemente ampliado”.´Por isto, Braverman sinala que, de atribuír as funcións de “`classe média´ ousemigerenciais daquela delgada camada (¡K) de funcionários de inícios do capitalismo” ó gran número de “trebalhadores em escritório” de hoxe, o resultado sería un gran malentendido da sociedade moderna.

Nas primeiras empresas industriais, segundo sinala Braverman, o pequeno número de funcionarios ocupaba un lugar “semigerencial nos termos da atual distribução de funções”. Utiliza como exemplo disto unestrato no que Lockwood fala sobre os funcionarios ingleses en escritorio de mediados do século XIX, no que se sinala que moitos deles desempeñaban funcións que hoxe serían clasificadas como `xerenciais´, xa que, mentres as esixencias non fosen maiores que os recursos que podían ter os parentes ou pequenas sociedades que as conformaban, non se producía un gran desenvolvemento do “trabalho emescritório”. Era esta unha fase na que, segundo Lockwood, as relacións entre funcionarios e empregadores é case feudal, xa que o primeiro era máis un “empregado da familia do que um trabalhador assalariado”. O funcionario era, polo tanto, membro innegable da clase media. Braverman sinala, non obstante, que había tamén funcionarios “cuja condição e perspectiva de vida eram pouco melhores que as dostrabalhadores nas docas” pero, en xeral, a súa posición era máis próxima á do empregador.

Por outra banda, Braverman sinala dous cambios fundamentais nos que se pode apreciar o nacemento desa nova clase traballadora: a composición por sexo e o salario relativo. Expón así o gran aumento do número de mulleres empregadas en tarefas de escritorio en detrimento da cantidade homes e o feito de que “osalário semanal médio para funções em escritório em tempo integral era mais baixo que em qualquer tipo do chamado trabalho com colarinho branco” e que “ a média em todas as clasificações ocupacionais urbanas, exceto nos serviços”.

Deste xeito, no seu comezo, o traballo en escritorio estaba ligado a unha profesión, xa que constituía, segundo sinala Braverman, “uma ocupação integral”, co obxectivo de“manter em dia os registros das condições financeiras e operacionais da empresa, assim como as suas relações com o mundo externo”. Os mestres de oficio controlaban a totalidade do proceso, mentres aprendices e auxiliares aprendían o oficio coa posibilidade, na maioría dos casos, de ascender. Sen embargo, as funcións propias deste traballo divídense en diversos departamentos, sectores e secciónsco desenvolvemento da empresa moderna.

Expón o autor entón as diferenzas entre as empresas produtoras e aquelas que “executam suas atividades principalmente ou inteiramente através do trabalho em escritório”, ampliamente desenvolvidas co capitalismo monopolista. Sinala nas primeiras tres tipos de traballo realizados: o traballo distributivo, o de vendas e o de escritorio. Non así, nas“indústrias puramente escritoriais” lévase a cabo un só modo de traballo , “o escritorial” e, por baixo do traballo de xerencia, atópase unicamente “funcionários que trabalhan em escritório e trabalhadores que fazem a limpeza dos escritórios”. En calquera dos casos, “o desenvolvimento do capital transformou a função operante do capitalista de uma atividade pessoal a um trabalho de uma multidão de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Folhas De Trabalho Verbos Em Portugues
  • trabalhos
  • Trabalho
  • Trabalho
  • Trabalho
  • Trabalho
  • Trabalho
  • Trabalho

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS