Traballamos con Mafalda
Resposta á tarefa “Derechos y deberes”
1. Como definirías a actitude de Mafalda? Que che lembra todas as mencións que fai?
Eu definiría a actitude de Mafalda como unha actitude excepcional,dunha persoa solidaria cos demáis, coma ten que ser. Unha actitude que debería ter todo o mundo coa xente desfavorecida, porque hai xente que non se pón na situación dos pobres, e só pensan nelesmesmos. En cambio Mafalda pónse na pel dos demáis e sabe como o pasaría ela se lle ocorrera eso e que é algo que se debe eliminar totalmente.
Estas mencións que fai lémbrame a min cando, un día estabana praia en Portonovo e escoitei a dúas persoas maiores discutir, dicindo unha á outra que os pobres eran un desfeito social. Que nin traballaban, nin axudaban ao estado español, e que só queríancomer de balde. Non me gustou para nada esta actitude destas dúas persoas que non souberon poñerse na pel deles. Non tiñan acento galego, eu creo que non eran de Galiza. Pareceume unha actitude malísimade inxustiza total e que espero non volver escoitala de novo na miña vida. Lémbrame tamén a esta mañá cando escoitei no telexornal que éramos o país con maior tasa de pobreza infantil despois do paísde Rumanía.
2. Que comportamento tén Susanita? Sería posible unha sociedade cívica con actitudes deste tipo?
Eu creo que Susanita non tén unha actitude boa. Aínda que ela tampouco lle gustaque haxa xente desfavorecida, non me gustou o seu comportamento con respecto á pobreza cando despois de que Mafalda esixa para os pobres traballo, vivenda, benestar e proteción di “¿Para qué tanto?Bastaría con esconderlos”. Decepcionoume de repente con esa frase. Non me gustou porque é das que pensan que se desapareceran os desfavorecidos, ou, como di ela, se “esconderan”, xa non existiría apobreza. Estou totalmente en contra desa frase porque todos temos dereito á vida sen que nos “escondan” e nos aparten para non ter que darnos os nosos dereitos fundamentais.
Aínda que haxa moitas...
Regístrate para leer el documento completo.