traballo de morfoloxia
Texto para analizar
Ana entrou na tenda e pediu un plotter dunha marca
especial cuxa referencia encontrara na rede. Dixéronlle que
alí nontiñan e que, se cadra, na tenda que había ao pé,
podería conseguilo. Alí tampouco tiñan, pero comprou un
lapis de memoria e despois marchou para a casa, onde
redactou unhacarta de contestación a unha oferta dunha
ETT. Dun tempo a esta parte convertérase nunha asidua
usuaria de internet, pois navegaba máis de dúas horas ao
día, mesmo os findes (eposuía grandes coñecementos
sobre virus informáticos). Mesmo era unha famosa blogger,
cuxa bitácora era das máis visitadas polos seus
concidadáns. No entanto, despois deperder os dous
traballos que tiña (un nunha fábrica de portamóbiles e
outro nunha empresa de antenización) non puidera seguir
pagando internet e o blogue desaparecera.Lingua galega 1. Curso 2014-15
Acordara que se ía poñer en serio a buscar traballo, aínda
que fose de teleadiviña ou como demo se chamasen esas
mulleres que che len o porvirdesde o outro lado da
pantalla. Tomara a decisión despois de ver unha curta
protagonizada por Luís Tosar (era tosarista a morrer) na
que se trataba o tema do desemprego. Cando abotaran do
traballo Ana estivera moi afectada, mesmo chegara a tomar
anfetas. Despois tivera uns meses nos que se volcara en
diferentes causas, como o ambientalismo e mesmochegara
a participar en varias bicicletadas reinvindicativas (a última,
antitabaco). Pasara por outra época de actividades
arriscadas, como o pontismo (mesmo fixerabalconing) e,
finalmente, tomara dúas decisións importantes na súa vida:
dedicar todas as súas forzas a atopar un novo traballo e
inscribirse co seu mozo como parella de feito.
Regístrate para leer el documento completo.