Traballo Paleozoico

Páginas: 7 (1541 palabras) Publicado: 1 de marzo de 2015
PALEOZOICO


Jennifer Fernández Díaz nº6
Rocío Feijoo Díaz nº5
Lucía Feijoo Díaz nº4
ÍNDICE
1. Era paleozoica
2. Xeoloxía
3. Clima
4. Períodos do paleozoico
4.1 Cámbrico
4.2 Ordovícico
4.3 Silúrico
4.4 Devónico
4.5 Carbonífero
4.6 Pérmico






ERA PALEOZOICA
A era Paleozoica ou Primaria é a primeira das tres en que se divide o eón Fanerozoico (ou da vida visible). Abarca dende comezos doCámbrico (hai aproximadamente 542 millóns de anos) ata o final do Permiano (hai aproximadamente 251 millóns de anos). O seu nome procede das palabras gregas palaio (primitivo, antigo) e zoion (animal), podendo traducirse como "Era da vida antiga".
Xeoloxicamente, o Paleozoico comeza pouco despois da desmembración do supercontinente Pannotia e o final dunha idade de xeo. Nas primeiras etapas desta era,as masas de terra foron divididas nun número importante de relativamente pequenos continentes, que se foron unindo ata dar lugar, ao final do Paleozoico, ao novo supercontinente Panxea.
O Paleozoico abrangue o tempo en que a vida que nos deixou restos fósiles se fixo abundante. Durante o seu transcurso, os continentes foron colonizados por cada vez maiores e máis sofisticados animais e plantas.
Ocomezo do Paleozoico vén marcado pola explosión de formas de vida. O final da era queda perfectamente determinado pola extinción masiva coñecida como extinción do Pérmico.
De antes do Paleozoico só son coñecidas algunhas bacterias, algas, esponxas e unha relativa variedade de enigmáticas formas coñecidas colectivamente como fauna de Ediacara. A comezos do Cámbrico desenvolveuse unha grandiversidade de formas de vida, na que foi denominada explosión do Cámbrico.
Aínda que a invasión de terra firme puido producirse nun momento moi temperán do Paleozoico, só nos queda constancia desta colonización a partir do Silúrico. Do mesmo xeito, aínda que os primeiros vertebrados datan de comezos da era, os invertebrados foron as formas de vida dominantes ata mediados do Paleozoico.
Grandes bosques deplantas primitivas colonizaron a terra na última parte desta era, dando lugar ás concas carboníferas de Europa e o Norte de América.
Ao final do Paleozoico, grandes e relativamente sofisticados réptiles e tamén as primeiras plantas modernas (as coníferas) desenvolvéranse.

XEOLOXÍA
No Cámbrico, a Pannotia (Panxea I) fragméntase en varios continentes:
Gondwana, o máis grande, que abarcaría a actualSudamérica, África, Asia, e Australia. Estaba situado no hemisferio Sur.
Laurentia: equivale á actual Norteamérica.
Báltica: equivale ao norte e ao leste de Europa.
Armórica: equivale ao centro e ao sudoeste de Europa.
Estes continentes volvéronse a reunir no Carbonífero e formaron un novo continente único, a Panxea II (a de Wegener), rodeada por un só océano: a Panthalassa. A reunión tivo lugaren dúas fases:
A colisión entre Laurentia e Báltica forma Laurasia, e ocasiona a oroxénese caledoniana, que actualmente foi arrasada pola erosión, quedando pegadas dela en lugares como Escocia, a Península Escandinava e Canadá.
A colisión entre Laurasia, Armónica e Gondwana dá lugar á oroxénese hercínica, moito máis intensa ca anterior e da que quedan sinais en Europa, África e Norteamérica. Omacizo Hespérico, situado na metade oeste da Península Ibérica, é resultado da erosión das cordilleiras formadas.

CLIMA
Durante o Paleozoico ocorreron polo menos dúas grandes glaciacións.
A primeira tivo lugar durante o Ordovícico e quedaron sinais no Sáhara, o cal estivo cuberto por una gran capa de xeo.
No período existente entre as dúas glaciacións o clima era cálido e húmido e a atmosferacontiña altos niveis de CO2. Todo isto contribuíu a un gran desenvolvemento da vexetación en terra firme, que formou amplos bosques durante o Carbonífero, capturando así unha gran cantidade do CO2 atmosférico. Isto reduciu o efecto invernadoiro e desembocou na segunda glaciación, no Carbonífero-Pérmico.
Ao final do Paleozoico o clima era cálido e árido, o que favoreceu a formación de importantes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • era paleozoica
  • Era paleozoica
  • Era Paleozoica
  • Era Paleozoica
  • paleozoica
  • paleozoico
  • Era Paleozoica
  • paleozoico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS