ud los materiales

Páginas: 12 (2914 palabras) Publicado: 29 de enero de 2014
MATERIAIS.

1. XUSTIFICACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA.

Os principios metodolóxicos que imos establecer favorecerán a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en equipo e para aplicar os métodos de investigación apropiados. Ademais, desenvolveranse actividades que estimulen o interese e consoliden o hábito de lectura, así como a capacidade de expresarsecorrectamente en público, todo iso coa finalidade de proporcionar ás alumnas e alumnos formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.

A Tecnoloxía industrial integra as capacidades e destrezas adquiridas noutras materias como Física, Química, Electrotecnia eMatemáticas, proporcionando unha formación específica de carácter práctico que favorece a comprensión dos contidos, e permite ao alumno/a establecer relacións co ámbito. Esta materia proporciona ao alumnado unha formación polivalente de carácter científico-técnico, moi vinculada á aplicación práctica do coñecemento, que facilita a súa adaptación aos continuos cambios tecnolóxicos e o capacita paraacometer estudos posteriores ou a incorporarse á vida activa.

Co desenvolvemento desta unidade didáctica preténdese conseguir a interpretación (a partir do coñecemento da estrutura da materia, o comportamento e as propiedades) daqueles materiais frecuentemente utilizados na actividade industrial, fomentar o uso dun vocabulario adecuado para describir as propiedades, o comportamento e as aplicaciónsdos diversos materiais utilizados industrialmente.
Tamén queremos ensinar a valorar positivamente a actividade industrial e tecnolóxica como medio de progreso e benestar, explicando a importancia da necesidade do aforro enerxético


Relación coa programación didáctica:
Este será o cuarto bloque da materia de tecnoloxía industrial I e recolleranse os seguintes apartados:

Propiedades dosmateriais.
Materiais metálicos: Materiais ferrosos.
Materiais metálicos: Materiais non ferrosos.
Materiais de construción.
A madeira.
Materiais plásticos.
Materiais e fibras téxtiles.





Na programación da materia dividimos os contidos en bloques, sendo este o correspondente a "Materiais".
Este bloque es el cuarto y último de la materia de tecnología industrial I, se deja sudesrrollo para la parte final del curso porque su dificultad no es muy elevada, ya que es en esta época cuando los alumnos tienen más carga de trabajo debido a la proximidad de la finalización del año escolar.


Temporalización:
Esta unidade didáctica impártese no terceiro trimestre do curso de primeiro de bacharelato, durante os meses de abril,maio e xuño. Asígnanselle ---- sesións de 50 minutos deduración cada unha delas.


Enlace co currículo:
Os obxectivos da materia de tecnoloxía industrial I que se traballaran no bloque de contidos "Materiais" son os seguintes: 1, 3, 4, 5, 6, 8 e 9 relativos ás capacidades de adquirir os coñecementos para analizar sistemas técnicos, explicar como se desenvolven os procesos tecnolóxicos describindo as súas técnicas, analizar a calidade dos diferentesmateriais sabendo valorar a súa repercusión na sociedade. Tamén se fomenta o traballo en grupo e a importancia que na nosa sociedade ten a investigación tecnolóxica. Este bloque de contidos relacionámolo con dous criterios de avaliación que serían o 2 e 4, o primeiro trata sobre a descrición dos materiais máis habituais e o seu uso, o segundo sobre a utilización dun vocabulario apropiado nadescrición das técnicas empregadas nos procesos de produción.

2. ELABORACIÓN DE OBXECTIVOS TERMINAIS E DIDÁCTICOS.

Recoñecer a importancia do emprego de materiais polo ser humano o longo da historia.
Aprender a clasificar os materiais que se empregan na actualidade, dependendo da materia prima da que proceden.
Coñecer as propiedades mais importantes dos materiais.
Descubrir a que tipo de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • UD
  • UD
  • Ud
  • ud cono
  • Ud
  • Ud el carnaval
  • UD juguetes
  • ud la panaderia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS