UD01_tarefa Copia

Páginas: 10 (2450 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2015
Artigo
Dereitos dos/das traballadores/as
Obrigas dos/das empresarios
Artigo 14. Dereito á protección fronte aos riscos laborais
1. Os traballadores teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.
2. No cumprimento do deber de protección, o empresario deberá garantir a seguridade e a saúde dos traballadores ao seu servicio en todos os aspectos relacionados cotraballo.


3. O empresario deberá cumprir as obrigas establecidas na normativa sobre prevención de riscos laborais.


4. As obrigas dos traballadores establecidas nesta Lei, a atribución de funcións en materia de protección e prevención a traballadores ou servicios da empresa e o recurso ao concerto con entidades especializadas para o desenvolvemento de actividades de prevención complementarán asaccións do empresario, sen que por isto o eximan do cumprimento do seu deber nesta materia, sen prexuízo das accións que poida exercitar, se é o caso, contra calquera outra persoa.


5. O custo das medidas relativas á seguridade e a saúde no traballo non deberá recaer de ningún xeito sobre os traballadores.
Artigo 15. Principios da acción preventiva

1. O empresario aplicará as medidas queintegran o deber xeral de prevención previsto no artigo anterior, de acordo cos seguintes principios xerais: a) Evitar os riscos. b) Avaliar os riscos que non se poidan evitar. c) Combater os riscos na súa orixe. d) Adaptar o traballo á persoa en particular no que respecta á concepción dos postos de traballo, e) Ter en conta a evolución da técnica. f) Substituír o perigoso polo que entrañe pouco ouningún perigo. g) Planificar a prevención, buscando un conxunto coherente que integre nela a técnica, a organización do traballo as condicións de traballo, as relacións sociais e a influencia dos factores ambientais no traballo. h) Adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual. i) Dar as debidas instruccións aos traballadores.


2. O empresario tomará en consideración as capacidadesprofesionais dos traballadores en materia de seguridade e de saúde no momento de lles encomendar as tarefas.


3. O empresario adoptará as medidas necesarias a fin de garantir que só os traballadores que recibiran información suficiente e axeitada poidan acceder ás zonas de risco grave e específico.


4. A efectividade das medidas preventivas deberá prever as distraccións ou imprudencias nontemerarias que puidese cometer o traballador. Para a súa adopción teranse en conta os riscos adicionais que puidesen implicar determinadas medidas preventivas, as cales só poderán ser adoptadas cando a magnitude dos devanditos riscos sexa substancialmente inferior á dos que se pretende controlar e non existan alternativas máis seguras.


5. Poderán concertar operacións de seguro que teñan como fingarantir como ámbito de cobertura a previsión de riscos derivados do traballo, a empresa respecto dos seus traballadores, os traballadores autónomos respecto a eles mesmos e as sociedades cooperativas respecto aos seus socios, cando a súa actividade consista na prestación do seu traballo persoal.
Artigo 16. "Plano de prevención de riscos laborais, avaliación dos riscos e planificación da actividadepreventiva"

2.a) O empresario deberá realizar unha avaliación inicial dos riscos para a seguridade e saúde dos traballadores, tendo en conta, con carácter xeral, a natureza da actividade, as características dos postos de traballo existentes e dos traballadores que deban desempeñalos.
Artigo 17. Equipos de traballo e medios de protección

1. O empresario adoptará as medidas necesarias co fin de queos equipos de traballo sexan axeitados para o traballo que se deba realizar e convenientemente adaptados para tal efecto, de xeito que garantan a seguridade e a saúde dos traballadores ao empregalos.
Artigo 18. Información, consulta e participación dos traballadores
Os traballadores terán dereito a efectuar propostas ao empresario, así como aos órganos de participación e representación...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Copia
  • Copia.
  • Copia
  • Copiar
  • la copia
  • Copie
  • Copias
  • Copia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS