Un Cadaver Na Cest

Páginas: 21 (5146 palabras) Publicado: 7 de noviembre de 2012
Un cadáver na cesta, un pingüino na bañeira e dúas amantes no salón



Narradora: Berta / Fina / Nina / Sara.



Personaxes:

- Carlos (Juan)

- Victoria (Candi).

- Xulio (Emilio).

- Amanda (Rosa).

- Amelia (Ana).

- María (Chus)

- Patri (Malores)

- Francisca (Porteira) (?)







Raquel Feijóo.

Ourense, maio de 2011









ACTO 1

Personaxes:Carlos, Victoria, Amelia, María, Xulio, Amanda, Francisca, Patri.

A acción transcorre no salón dunha casa. Hai unha mesa pequena onde hai xornais e revistas, un sofá, outra mesiña cun teléfono e, nunha esquina, un espello grandísimo Alí atópanse Carlos e Victoria, unha parella que leva moitos anos casada e que se leva moi ben. Carlos está lendo o xornal. Victoria anda moi axetreada de acá paraalá, preparándose para marchar.



Victoria: Ben. Penso que xa teño todo…

Carlos: Con moita retranca. Xa? Pois só levas dúas horas a prepararte…

Victoria: Dúas horas? Mira que eres esaxerado!

Carlos: Dúas horas! Que se que roupa me poño, que se como me peino, que se a maquillaxe, que se os zapatos… Xesús! A min sóbrame medio minuto e xa estou listo!

Victoria: Entón estou ben así?O vestido e os zapatos están ben?

Carlos: Si, miña ruliña, si…

Victoria: E o peinado?

Carlos: Está moi ben tamén… A que hora empeza a festa de despedida de Patri?

Victoria: Ás nove mira o reloxio. Ui! Teño que darme presa. Xa falta pouco…

Carlos: Entón vas tardar en vir, non?

Victoria: Non sei, Carlos. Dúas horas. Quizais tres…

Carlos: Xa, pero… Aproximadamente…

Victoria:Hai, que demo! Non o sei! Despois da festa iremos tomar algo por aí. E virei… Cando todo remate. Ou cando me aburra. Ou cando me pete. Algunha pregunta máis?

Carlos: Non…

Victoria: Ben. Pois entón, marcho logo.

Carlos: Dalle saludos a Patri.

Victoria: Serán dados.

Carlos: E un abrazo.

Victoria: Tamén.

Carlos: E un bico.

Victoria: Tampouco te pases…! Adeus.

Carlos: Adeus.E pásao ben!

Victoria: Si.

Carlos: E marcha tranquila.

Victoria: Si.

Carlos: E non teñas presa por vir…

Victoria: Vale.

Carlos: Con calma, eh? Sen presas… Que eu aquí me quedo, soíño, tan tranquilo…

Victoria: Ai, que demo! Que vale, que si! Pois si que estás tu pesado hoxe.

Carlos: Veña, marcha logo. Adeus!

Victoria: Adeus.







Danse un pequeno bico. Victoriasae de escena. Cando xa non pode velo, Carlos da un chouto de alegría e ponse a tararear unha canción. Da un paseo pola sala para mirar que todo estea correcto. Mírase ao espello. Saca do peto un peine e peitéase ben. Arregla o traxe. Colle un frasquiño de colonia que hai por riba da mesa e ponse un pouco no pescozo, nos brazos, nas axilas, nas ingles, no pelo e mesmo na boca, para mellorar oalento, mentras segue a tararear a canción. Anda un pouco nervioso e non sabe moi ben que facer. Séntase no sillón. Levántase outra vez. Séntase de novo. Colle o xornal. Ábreo. Tenta ler…

Chaman á porta: Ding-Dong.

Carlos da un chouto de alegría. Frótase as mans. Mírase de novo no espello. Arréglase o pelo, o traxe, bota outro chisco de colonia…e volta o marco da foto.

Ding-Dong.

Carlos:Xa vai, xa vai…

Abre a porta.

Carlos: Boas noites, meu amor!

Amelia: Boas noites, meu sol!

Danse un abrazo.

Amelia: Cantas ganas tiña de te ver!

Carlos: Eu tamén… Pero ben, pasa e séntate, por favor…

Amelia: Gracias.

Toman asento no sofá, moi preto un do outro e colléndose das mans…

Amelia: Así que esta é a túa casa…

Carlos: Si…

Amelia: É bonita…

Carlos: Bueno,non está mal…

Amelia: Así que é aquí onde vives coa túa nai…

Carlos: Si, aquí é.

Amelia: E onde está? Gustaríame tanto coñecela…

Carlos: Si? Bueno… Verás… E que ela… É unha muller moi ocupada e moi xenerosa e aproveita calquera ocasión para axudar aos demais. Agora, por exemplo, está botando unha man no comedor social coa cea para os máis necesitados...

Amelia: Que muller máis...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Na na na na
  • ceste
  • Ceste
  • cadaver
  • Cadaver
  • Na Na Na
  • Na Na Na
  • Na na na

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS