Unha Primavera Para Aldara
UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA
2. Autor
Teresa Moure
3. Xénero
Teatro
Cararterísticas deste xénero que se aprecian na obra
Os autores dramáticos deben contar unha historia nun lapso de tempo bastante limitado, co que non se poden permitir demoras innecesarias.
O fío argumental debe captar a atención do público durante toda a representación.O recurso fundamental para conseguilo consiste en establecer, cada certo tempo, un momento culminante ou clímax que vaia encamiñando a historia cara ao desenlace. Isto correspóndese con cada accion importante que ten lugar durante a historia, por exemplo, a chegada de Don Nuno.
O teatro é unha mestura de recursos lingüísticos e espectaculares, ou o que é o mesmo, o texto literario súmase, comoun elemento máis, aos elementos escénicos pertinentes para conseguir un espectáculo completo. A obra de “Unha primavera para Aldara” conta, como todas as obras teatrais, con recursos espectaculares, que apreciamos nas acotacións, aínda que estas serían máis relevantes e significativas se disfrutásemos da obra teatral representada por actores en un escenario, en lugar de ler a historia.
Aíndaque poidamos ler unha obra de teatro, os personaxes que interveñen nela foron concibidos polo autor para ser encarnados por actores sobre un escenario.
A acción vese determinada polo diálogo e, a través del, establécese o conflito central da obra.
O autor queda oculto detrás do argumento e os personaxes. Se lemos unha obra teatral, observaremos que de cando en vez aparecen indicacións sobrecomo debe ser o escenario ou como deben actuar os personaxes. Estas instrucións denomínanse acotacións. Polo demais, os sentimentos do autor, as súas ideas e opinións encóntranse diluídos na amálgama de personaxes e ambientes que forman unha obra de teatro. Asi, na obra que nos ocupa, pódese dilucidar a opinión ou a postura da autora respecto aos difenrentes temas que trata.
4. Personaxes• Principais: Aldara e Don Nuno.
• Secundarios: Xenebra, Carola, Xoana, Xenoveva (Veva), Dona Maior, Sancha, Elvira, Pero, Xoán, Frei Miguel Lucientes e Frei Paulino de Cerceda.
5. Tema eacción que se desevolve:
Aldara é a abadesa dun convento femenino galego no século XV. Alí, xunto coas demais monxas, disfruta dunha vida tranquila ata que no exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Deste modo, todos os problemas ecónomicos que xa tiñan no convento causados polas débedas dos seus arrendatarios, aínda se agravan máis e a situación empeora.
Aguerra fai chegar alí a Pero, un home que anuncia a próxima chegada ao convento do seu señor, Don Nuno de Vilamelle, pedindo axuda e refuxio, e que di resultou ferido na Guerra Irmandiña.
Nun primeiro momento, as monxas dubidan, pois as regras do convento non permiten a presenza de homes. Por outra banda, é un home ferido que necesita da súa axuda e espírito cristián, polo que deciden deixarquedar e recuperarse alí a Nuno, pero cunha condición: que non faga noite no convento, polo que durmiría no palleiro.
Pero non todas están de acordo con esta decisión, o que da lugar a profundas tensións entre elas e algunha que outra discusión, como o caso de Xenebra, prioresa do convento e unha das máis vellas e conservadoras. Pero o cariño e o aprecio entre elas é máis forte e o problema nonchega a máis, pois optan por apoiarse mutuamente.
Non ocorre o mesmo con Carola, a boticaria do convento. Ela e Aldara non teñen unha boa relación, situación que non se ve favorecida pola chegada de Nuno ao convento. Aldara decide ser ela a que se encargue da curación do hóspede, en lugar de Carola, a boticaria e a que, en teoría tería que facelo.
Aldara, disponse a curar a Nuno no palleiro...
Regístrate para leer el documento completo.