Unidade 3
POLÍTICA CENTRALIZADORA DOS BORBÓNS. O REFORMISMO ILUSTRADO.
GALICIA NO ANTIGO RÉXIME.
(2ª quincena, 1ª semana)
ÍNDICE
1. Introdución xeral
2. Economía de base agraria
3. Sociedade estamental
4. A política centralizadora dos Borbóns
4.1. A guerra de Sucesión
4.2. Política interior: o centralismo borbónico
5. O reformismoilustrado
5.1. A ilustración española
5.2. Carlos III e o despotismo ilustrado
5.3. Os límites do reformismo borbónico
6. As transformacións económicas, as manufacturas e o comercio colonial no
século XVIII.
6.1. Crecemento demográfico
6.2. As manufacturas
6.3. As manufacturas
7. Galicia no Antigo Réxime
1. Introdución xeral
Por Antigo Réxime entendemos o sistema económico, social e político queprocedía da
descomposición do feudalismo medieval, e que estivo en vigor ata o liberalismo en
Europa. Comprende os séculos XVI, XVII e XVIII
Os revolucionarios franceses de 1789 chamábanlle Antigo Réxime ao estado de cousas
anterior á Revolución, que a propia revolución lle puxera fin.
As características básicas do Antigo Réxime son as seguintes:
Unha economía de base agraria e señorial, unhapoboación cun réxime demográfico
antigo, unha sociedade estamental baseada nos privilexios e unha política caracterizada
polo absolutismo monárquico.
Durante o século XVII e especialmente no XVIII, haberá forzas que loitarán por destruílo,
como son a aparición de novos grupos sociais (a burguesía), novas necesidades
económicas (desenvolvemento do capitalismo comercial) e un pensamento novo (a
Ilustración)farán que o século XVIII sexa o século da fin dunhas estruturas e a aparición
doutras novas.
2. Economía de base agraria.
A economía do Antigo Réxime era basicamente rural, entre o 80 e o 90% da poboación
dedicábanse a tarefas agrícolas, o que lles proporcionaba case o 75% da producción de
bens.
A maior parte da producción dedicábase ao autoconsumo, polo que os intercambios
comerciais eran escasose dificultados pola mala estructura do sistema de transporte.
España era un país fundamentalmente agrario. En 1797 o sector agrario agrupaba a máis
dun 67 % da poboación activa fronte o 22% do sector terciario e o 12% do industrial. A
producción agraria aumentou ó longo do século, pero ese aumento foi debido máis ó
aumento dos terreos cultivables gañados ós bosques ou ás augas que ás mellorastécnicas. A propiedade da terra seguía tendo unha estructura señorial xa que se atopaba
na súa maioría vinculada á nobreza e ó clero, que se resistían a calquera intento de
reforma.
Non había plena propiedade privada: a maior parte das terras estaban amortizadas, non
se podían dividir, mercar nin vender: eran as terras de “ mans mortas”. A propiedade
vinculada permitía sacar proveito dela ao seutitular e exercer xurisdicción sobre ela.
Temos como exemplo a institución do morgado: nacida na Idade Media consistía no
dereito a vincular o conxunto dos bens ao título nobiliario, ou á familia, de forma que o
herdeiro ou vinculeiro, sempre era un só para non dividir o patrimonio) podía administrar
e gozar dos bens, pero sen vendelos ou ou trasferilos a un alleo.
No século XVIII o morgado estaba enplena vixencia, e non só nobres, senón tamén
plebeos enriquecidos outorgaban en morgado as súas terras.
2
“ Primeiramente, que despois dos seus días posuirá e gozará perpetuamente este vínculo e morgado Don
Domingos Cabarrús e Gelabert, o seu fillo lexítimo e primoxénito, e os seus herdeiros lexítimos por orde de
primoxenitura regular, preferindo o maior ao menor e o varón á femia, aínda queesta sexa maior de idade, e
consonte ás leis do reino (...) que os bens deste morgado non se poidan dividir, vender, ceder, renunciar,
doar, legar, trocar, acensuar, empeñar nin gravar de ningunha maneira (...)o cal lles prohibe absolutamente
aos posuidores, porque así lles convén e é preciso á seguridade desta vinculación. Con estas condicións,
requisitos e reservas, e non
sen elas, Don...
Regístrate para leer el documento completo.