Unidade didáctica: os animais 1º ciclo
1. Introducción.......................................................................................................1
2. Obxectivos de aprendizaxe...............................................................................3
3.Contidos.............................................................................................................4
4. Metodoloxía.......................................................................................................5
5. Atención ás necesidades específicas de apoio educativo................................6
6. Actividades........................................................................................................6
7.Avaliación........................................................................................................10
1. Introdución.
O centro que servirá de marco a esta programación é un CEIP situado nunha zona costeira, preto de Santiago de Compostela.
A presente unidade didáctica está destinada a alumnos e alumnas que comezan o 1º ciclo da etapa de Educación Primaria. Implica óapartado da Educación Artística que ten por obxecto a Educación musical, e abarcará unha duración de dúas ou tres sesións.
Na súa elaboración partirase do deseño curricular base da Comunidade Autónoma de Galicia, que foi establecido no Decreto 130/2007 de 28 de xuño; del tomaranse como referentes os obxectivos de área, así como os contidos organizados en bloques. A elaboración será feita seguindoun orden deductivo desde os referentes, que serán os obxectivos xerais e os de área ou campo presentes no citado D.C.B.
• Características do alumnado a quen vai dirixida:
✓ Contexto sociocultural
É preciso ter en conta á hora de abordar o deseño de calquera parte do curriculum o perfil do alumnado ó que vai destinada: no caso ó que me refiro, trátase de dazaseis rapaces e rapazasde 6 anos de idade, procedentes da zona. Entre eles hai unha neno con transtorno xeralizado do desenvolvemento de espectro autista, e unha nena con dificultades de aprendizaxe.
✓ Xustificación da unidade.
A falta de capacidade de abstracción dificulta ós máis pequenos e pequenas a aprendizaxe da linguaxe musical. Esta unidade didáctica aborda cuestións en relación coa prelectura e apreescritura musicais, ademáis doutras cuestións importantes na educación musical do alumnado de primeiro ciclo, como é o desenvolvemento auditivo, a creación dun repertorio básico e o movemento. O plantexamento parte da didáctica, evitando caer en cuestións teórico-musicais que non serven de nada á hora de traballar con nenos e nenas de primeiro ciclo de Educación Primaria.
Aparentemente trátasedunha unidade sinxela: comeza a impartir os coñecementos necesarios para que o alumnado comece a afrontar con unhas mínimas garantías os inicios da lectura musical. Débese partir dos principios fundamentais da didáctica da linguaxe musical, a través do coñecemento dos recursos e plantexamentos que os métodos pedagóxicos do noso século usan habitualmente. Porsuposto, preténdese que o alumnadoexperimente a aprendizaxe da linguaxe musical a través de métodos didácticos e efectivos.
A través da lectura e a escritura musicais, as percepcións auditivas son representadas simbólicamente. Polo tanto, faise preciso desenrolar previamente outros tipos de experiencias musicais, taqnto auditivas como motoras, que faciliten a aprehensión dos conceptos que supoñen a representación convencional da música.Esta unidade didáctica está pensada para ser desenvolvida cunha duración de dúas sesións (dúas semanas de clase) durante o mes de outubro.
2. Obxectivos de aprendizaxe.( Dado que os obxectivos didácticos supoñen unha concreción dos obxectivos do decreto, indícase entre paréntesis o nº de obxectivo/obxectivos cos que se relaciona).
✓ Coñecer os principios básicos da linguaxe...
Regístrate para leer el documento completo.