unidade didactica

Páginas: 13 (3021 palabras) Publicado: 18 de marzo de 2013
A NOSA FESTA DO NADAL

INTRODUCIÓN

Para o desenvolvemento desta Unidade Didáctica, en primeiro lugar teño que sinalar as bases que utilicei para a busca de información
Lei Orgánica (LOE) 2/2006, del 3 de Maio, de Educación.
Real Decreto 1630/2006, del 29 de Decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de Educación Infantil.
Decreto 330/2009, do 4 de Xuño,onde se establece o currículo de educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e onde explica os principios xerais, fines e obxectivos referidos ao conxunto da etapa.
La Orden del 25 de Xuño del 2009 pola que se regula a implantación, desenvolvemento, e avaliación do segundo ciclo de Ed. Infantil en Galicia
Neste traballo elabórase unha proposta de Unidade Didáctica, para levar a cabo nunhaaula de infantil de 5 anos. Dita actividade trata sobre o Nadal, pero non só se van a traballar os contidos referidos a esta festividade, senón que outros máis.
Baseeime nos obxectivos da etapa, os obxectivos das áreas traballadas (coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal, coñecemento do contorno e linguaxes:comunicación e representación), nos contidos establecidos e deseñei unha serie deactividades para traballar, así como tamén figura a temporalización e os materiais empregados.
Finalmente elaborei unha táboa, con algúns dos criterios e indicadores de avaliación que están establecidos na Lexislación.
Con Unidades Didácticas coma estas, preténdese ademais de potenciar ao máximo as capacidades dos nenos, fomentar a autonomía e unha ensinanza baseada nun enfoque constructivista.XUSTIFICACIÓN

Elixín traballar esta Unidade Didáctica aproveitando que estamos no Nadal, para introducirme con maior entusiasmo, de todas formas as opcións que barallei foron moitas.
Coido que con esta programación, se pode traballar dun xeito creativo e divertido diferentes aspectos como a expresión, o recoñecemento de sentimentos, hábitos cotiáns e sobre todo unha inclusión social.
Os nenosademais de traballar partes creativas como a elaboración dun mural de Nadal, tamén van poder expresarse uns cos outros comentando as diferenzas dun Nadal galego a un Nadal doutro país, así como collendo bases antes unhas normas de respecto.
Tamén se vai a traballar a comprensión e a dramatización, tendo que memorizar algunha que outra frase, así tamén contribuirá a que aqueles máis tímidos vaianperdendo a vergoña.
Coido que é unha Unidade moi completa, no sentido de que non se traballa tanto un aspecto académico e si un aspecto máis moral, o cal ten gran importancia. Ademais en todo momento os nenos serán os auténticos protagonistas, xa que o mestre será un sempre guía, tal e como establece o marco teórico do enfoque constructivista.

OBXETIVOS DA ETAPA

Á vista do Artigo 4 doDecreto 330/2009, nesta Unidade Didáctica vanse abranguer os seguintes obxectivos da Educación Infantil, que lles permitirá aos nenos desenvolver as súas capacidades para:
Observar e explorar o seu contorno natural familiar, natural e social
Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais
Desenvolver as súas capacidades afectivas
Relacionarse cos demais e adquirirprogresivamente pautas elementais de convivencia e de relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos
Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión
Achegarse na medida das súas posibilidades, ao uso das tecnoloxías da información e comunicación




OBXETIVOS DAS ÁREAS

Dentro de cada área que establece o Currículo de Ed. Infantil, noAnexo I, hai unha serie de obxectivos. Nesta Unidade Didáctica ímonos a centrar nos seguintes, diferenciándoos segundo a área.

ÁREA DE COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL
Recoñecer os sentidos como fontes de sensacións empregándoos para o coñecemento do seu mundo circundante
Adquirir destrezas e habilidades manipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes no seu...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Unidades didacticas
  • Unidades didacticas
  • Unidades Didacticas
  • Unidades didacticas
  • unidades didacticas
  • Unidades Didácticas
  • Unidades didacticas
  • Unidades didácticas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS