Valentin Paz Andrade
O Día das Letras Galegas, o 17 de maio, é a data que a Real Academia Galega escolleu para homenaxear a aqueles que levaron a cabo ou unha importante carreira literaria en linguagalega ou unha activa defensa do noso idioma. Tódolos anos esta celebración ten como protagonista a una personalidade distinta que faleceu, como mínimo 10 anos antes. Este día conmemora a publicación deCantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1963, obra que abriu a etapa do Rexurdimento en Galicia, época na que se toma conciencia da importancia da cultura galega e se comeza unha intensareivindicación da súa situación.
Neste ano 2012 o homenaxeado é Valentín Paz Andrade, autor que se preocupou intensamente do progreso de Galicia.
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Valentín Paz Andrade naceu no barrio deSocorro de Lérez, Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Primeiro fillo de Matilde e de Francisco, que logo terá dúas irmás, Matilde e Carmen. Cursou os seus estudos primarios e de segundo ensino enPontevedra. O seu tío materno, o autor de libros de poemas en castelán Juan Bautista Andrade vai ser quen o inicie nas letras. En 1922, despois de licenciarse en Dereito na Universidade de Santiago e deestar en Marrocos participando na guerra foise a Vigo para fundar un xornal de inspiración liberal, independente e galeguista, Galicia, Diario de Vigo. Este novo xornal da mañá uniuno co mundo doxornalismo e, sobre todo, coa cidade, Vigo, que consideraba como o motor principal da Galicia moderna. Presentou a Vigo nas súas obras como “o músculo empresarial, obreiro e mariñeiro necesario dunhaGalicia”. Destacou a súa preocupación co sector da pesca, do que foi un gran coñecedor, o que lle permitiu emprender proxectos relacionados con este ámbito. Por exemplo, participou na posta en marcha dePescanova e a partir de 1959.
Seguindo no ámbito empresarial hai que dicir que todos os proxectos que levou a cabo, ou para os que prestou a súa axuda, tiñan como meta mellorar o estatus de Galicia e...
Regístrate para leer el documento completo.