Vender tres produtos

Páginas: 2 (296 palabras) Publicado: 11 de noviembre de 2014
Tedes que persuadir ao voso auditorio para que merque tres produtos aparentemente inútiles:

Bo día, somos Erea, María, Alexandre e Iago e vimos ofrecervos tres produtos querevolucionarán a vosa vida diaria. Velaquí as invencións creadas por eminentes investigadores chegados das máis prestixiosas universidades.
Estás canso de te torrar ao sol mentres pescas nunhacalorosa tarde de verán? Grazas a este abraiante descubrimento eses días pasarán á historia.
Presentámosvos o revolucionario parasol-cana de pescar. Con este magnífico artefacto teremos aposibilidade de lograr a máxima adaptación a todo tipo de condicións climáticas. Ofrece tamén a vantaxe de incorporar dous utensilios básicos para calquera amante da pesca nunha cómodaestrutura unitaria, permitindo deste xeito aforrar espazo no transporte.
O segundo dos magníficos artigos que lles ofrecemos é a nosa escaleira eléctrica, con ela, as subidas ao cabalonon voltarán ser un problema. No seu deseño salienta a súa lixeireza que permite unha máxima comodidade para o animal e para a amazona ou o xinete. Este mecanismo incorporaríase á sela docabalo axilizando a suba á mesma.
O seu funcionamento é moi sinxelo, actívase mediante un mando a distancia. Só con premer un botón a escaleira despregarase.
Ben, e chegou o momento deamosarvos a nosa última creación.
Se es unha desas persoas que fican fartas de verse obrigadas a contemplar día tras día o mesmo panorama gris pola súa xanela, traémosche a solucióndefinitiva: a incríbel persiana personalizábel!. Con este magnífico enxeño terás a posibilidade de viaxar a través da túa fiestra aos lugares máis inhóspitos e exóticos da Terra, desde osfiordos noruegos, até a Antártida pasando por lugares tan nosos como as fragas do Eume ou as illas Cíes. Todo isto con tan só rotar a persiana e elixir unha das paisaxes estampadas nesta.
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tres enfoques para vender un detergente
  • produto
  • Produtivos
  • Tres pasos primordiales para vender servicion on line
  • Produtos Notables
  • vendes o vendes
  • vendes o vendes
  • El vende

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS