Viabilidad espectaculos (gallego)

Páginas: 33 (8062 palabras) Publicado: 2 de febrero de 2015
Guía de estudo. Proxectos de produción de espectáculos e eventos
A historia das artes non é a dunha continua mellora, senon a dunha continua evolución do medio para
satisfacer as necesidades da época e a sociedade na que se desenvolve.
(Hª do ballet e da danza moderna. Ana Abad Carlés)

Tema 1. Viabilidade dun proxecto de artes escénicas, musical ou evento
1.1. O proxecto (Pérez Martín,2002)
O proxecto é un proceso multidimensional e diverso no que se manexan recursos
humanos, económicos e técnicos co propósito de alcanzar o obxectivo previsto no tempo
e nas condicións determinadas.
-Cales son os puntos de partida dun proxecto (Premisas)?


A satisfacción das Necesidades



A resolución de Problemas



O aproveitamento de Oportunidades

Os proxectos teñendiferentes Dimensións:


Dimensión persoal: artística, expresiva, profesional, económica



Dimensión colectiva: equipo de proxecto, recoñecemento profesional



Dimensión social: alcance das nosas actividades, número e intensidade de
beneficiarios do proxecto

Normalmente, os proxectos son sistemas complexos nso que mesturamos motivacións e
posibilidades diversas. Por iso, cantomellor saibamos por que facemos as cousas,
mellor resultados obteremos.
No momento inicial de ter unha idea, debemos facernos varias preguntas:
-Satisface unha necesidade? cultural, educativa, artística, social?
-Resolve un problema? ausencia de actividade escénica, de equipamentos, de posta ao
día?
-Aproveitamos unha oportunidade? financieira, mediática, de persoas dispoñibles..de
equipamentodispoñible?
O mesmo ocorre coas denominadas Dimensións: damos ao proxecto unha dimensión
persoal- expresiva, artística, profesional- ou unha dimensión colectiva- recoñecemento
1

dun equipo de persoas- ou unha dimensión social- vocación de servizo público artístico,
cultural, social, político- de cara a unha comunidade, a unha sociedade, a un mercado.
Estudos preliminares
Trátase derealizar a primeira aproximación á viabilidade do proxecto. Antes de entrar a
estudar detalladamente todos os aspectos, facer cálculos compricados, facer estudos de
campo, investigacións de mercado...antes incluso de achegarnos á realidade, temos que
facer análises previos, preliminares, baseados en fontes de información secundarias
coma documentos elaborados pola administración, estudos de diversosgabinetes,
informes, publicacións, libros, estudos de mercado, investigacións, guías, cámaras de
comercios, institutos, observatorios, etc. Todos son válidos para tomar a primeira decisión
sobre o proxecto e respotas básicamente á pregunta: Poderá levarse a cabo? Está xa
feito? Como resultou?
Unha vez teñamos toda esta información temos que tomar unha das decisións máis
difíciles: Seguiradiante co proxecto ou non?
Esta primeira decisión hai que tomalo en base a:


Intereses e prioridades (artísticos, culturais, económicos, sociais)



Pre-viabilidade técnica e legal. Estudos de alternativas



Identificación de problemas para a posta en marcha do proxecto



Beneficiarios do proxecto. Alcance en persoas, institucións, empresas



Imaxe e proxección quevamos conseguir realizando o proxecto



Achegamento a fontes de financiamento

No caso de que sigamos adiante, temos que facer un estudo de viabilidade do proxecto/
anteproxecto. Comezamos a traballar, logo, con fontes de información primaria, directa.



Viabilidade económica: supón a busca da capacidade de financiar as actividades
que conleva o proxecto, existencia de recursos propiosou prestados de outro
proxecto xa en marcha. Capacidade de acceder a investimentos públicos en
materia de artes escénicas, capacidade de acceder a fontes de patrocinio privado,
de empresas, de particulares. Especialmente importante é o estudo necesario
sobre se no periodo de explotación conseguirei fondos para facer fronte ao
investimento realizado. Teremos que coñecer o momento no que o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Espectaculo
  • espectaculos
  • Espectàculo
  • Espectacular
  • Espectaculos
  • El Espectaculo
  • Gallegos
  • Espectáculo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS