Viaje por las escuelas de Galicia
Autoría: Luis Bello Edición: Antón Costa Rico
1. Razón de escolla eexpectativas de lectura
As expectativas da obra eran medias, esperábame un retrato das escolas da época densa e tediosa. Quizás tiña esta visión precipitada da obra polas experiencias previas de lecturaobrigatoria da escola secundaria e bacharelato. Case ningunha destas obras cumpría coas expectativas que eu poñía nelas, polo que nada facía prever que esta podía ser diferente.
2. Cuestións abordadase modo de tratamento
Luis Bello comeza esta viaxe por Galicia co propósito de retratar as chamadas ``escolas públicas’’ en tódolos seus aspectos, é dicir, as condicións dos mestres e mestras, as dosnenos, os recursos dos que dispoñen… Non obstante, hai que destacar que os artigos nos que describe esta situación poden estar un pouco suxeitos a ideas previas, estereotipos e, ademais, ás veces dana sensación de falta de tempo e planificación no seu percorrido.
Nesta Galicia dos anos 20, Luis aprecia que aínda quedan grandes reminiscencias do Antigo Réxime, máis que noutras rexións de España.Hai unha gran presenza de fidalguía opresora sobre o pobo, o que se traduce nun pobo sumiso, moi rural e tradicional. Esta fidalguía era castelano-falante, polo que o galego quedaba relegado á xentehumilde que vive do campo e do gando, sendo eles mesmos conscientes disto e mantendo a lingua galega nun plano de marxinalidade. Este aspecto lingüístico é moi destacado tamén por Luis, quen demandapara a evolución escolar dos nenos e nenas galegos o aprendizaxe do castelán como ``lengua de la cultura´´, pois é a lingua de España e de América. Propón así, que os mestres das escolas galegas teñanque falar o galego do pobo, para de aí pasar ao castelán.
Con estas pinceladas en xeral, non nos queda máis que esperar escolas deficientes, tanto en instalacións como en materiais escolares; se...
Regístrate para leer el documento completo.