Vida das mulleres na galicia medieval

Páginas: 7 (1619 palabras) Publicado: 13 de diciembre de 2011
PABLO GUIMERÁNS SANJORGE

A VIDA DAS MULLERES NA GALICIA MEDIEVAL
INTRODUCCIÓN Antes de encamiñarnos a facer unha historia das mulleres na Galicia da Idade Media, debemos de explicar certos puntos. En primeiro lugar, que cómpre falarmos de mulleres, en plural, pola pluralidade e diversidade que obviamente existe no sexo feminino. E en segundo lugar explicar a necesidade de facer historiaexplicitamente de mulleres, punto este bastante discutido e con diferentes visións dentro da historiografía actual. Non obstante, este deber noso de poñer á muller en pé de igualdade vese con grandes atrancos polas dificultades da propia investigación e estudo histórico. Hai unha inexistencia da muller no documento histórico, fonte que é sempre androcéntrica e con claros prexuízos cara o sexo oposto(teríamos que esperar ao século XII para ver un incremento na participación das mulleres -Cristina de Pizan). Este problema global da historiografía temos que matizalo aínda máis no caso galego, pois aquí vemos a practica total inexistencia de fontes, reducíndose estas ao ámbito legal e normativo. CAPITULO I. O DEREITO E MAILA IGREXA. A MULLER PERANTE AS LEIS: Arrancamos dende o principio coa malaposición que ocupan as mulleres nos textos normativos de Alfonso X (Las Partidas, El Fuero Real e El Espéculo). Nestes textos incídese constantemente na inferioridade da muller no xeral, algo que se traslada a manifestacións concretas tales como a imposibilidade de testificar ou de testamentar (a muller herdeira de Eva e o seu engano). Tamén se incide na febleza da muller e na necesidade da titoríado sexo feminino (á necesidade de casar con consentimento, etc...). En canto á educación, a muller desempeñará funcións moi determinadas e sempre de acordo ás etapas que se lle supoñen: a de virxe, a de casada e a de matrona (ligada esta última fase á reprodución). Desta forma encontrámonos coas diferenzas ao vestir dependendo da etapa da vida 1/5

que ocupe unha muller (a cabeza cuberta comoposesión do home, ou sen cubrir se está solteira). O home debe amar, gardar e honrar á súa muller, pois esta é unha prolongación do propio home. A MULLER VISTA POR PENSADORES E CANONISTAS Existe neste punto a mesma inferioridade ca explicada anteriormente. Os canonistas e homes da Igrexa farán unha interpretación das fontes bíblicas sempre tradicional e conservadora en canto ao sexo feminino,tratando sempre a muller como posíbel herdeira de Eva (que non olvidemos, sería creada cunha costela masculina). A lectura da igualdade que ofrece a biblia non ten consecuencias inmediatas, e as propias mulleres serían excluídas da propia Igrexa como institución, quedando sempre relegadas ao plano da clausura, da custodia (as mulleres son “mudables de corpo e inquedas de alma”), o que implicaperfilárense como seguidoras da Virxe María e da propia virxindade, que é algo sagrado. Porén, hai que indicar que ademais destes dous posíbeis camiños, a Igrexa tamén perfila a figura intermedia de Magdalena, unida intimamente ao purgatorio. En canto a esta discriminación e a explicación da mesma, varios pensadores ofreceron hipóteses como a da muller temida (Duby) ou a da impotencia masculina (MartaMadero). A MULLER NA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA Pese aos intentos de buscar semellanzas entre a lírica galego-portuguesa e a lírica provenzal, neste punto debemos especificar determinadas diferenzas. A primeira é a inexistencia da muller casada na cantiga de amor (posiblemente algo causado polo sistema de parentesco existente na nosa terra). En segundo punto que nas nosas cantigas non existe o desafío eo duelo provenzal, senón o xogo amoroso e mesmo a submisión do trobador ante a muller (que é tratada de senhor). O terceiro punto é a existencia da coita, da dor de amor, fronte ao joi ou goce provenzal. A muller é pois obxecto de dependencia, febleza e inferioridade. CAPITULO II. AS OPCIÓNS DE VIDA DAS MULLERES O MATRIMONIO Son fundamentalmente tres: o casamento, o convento ou a instalación...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Vida mulleres
  • AS MULLERES NA LITERATURA
  • A violencia na Galicia
  • Situación Das Mulleres En Malí (2012)
  • ña vida
  • todo lo que das la vida te lo devuelve
  • Vida de jesús de na
  • Cancion De Na Vidad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS