Vida y obra de Vicente Risco

Páginas: 7 (1708 palabras) Publicado: 20 de noviembre de 2013


Vicente Martinez Risco






(1884-1963)











































Biografia breve

Vicente María Agustín Gerónimo Martínez Risco e Agüero naceu en Ourense, en 1884. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago en 1906, tras o cal exerceu a súa profesión na delegación de Facenda da súa vila natal, mais deixou estetraballo para cursar os estudos de Maxisterio en Madrid, con que obtivo a cátedra de Historia na Escola Normal de Ourense en 1916.
    En 1917 fundou con Arturo Noguerol a revista literaria La Centuria, que abriu unha etapa marcada polo aristocratismo intelectual, a percepción decadentista da modernidade europea e un enorme interese orientalista. En 1918 todo o grupo de La Centuria manifestou oseu compromiso co galeguismo contactando, a través de Antón Losada Diéguez, coas Irmandades da Fala. Esta evolución ideolóxica ficou plasmada no ensaio Nós, os inadaptados (1933).
    Risco desenvolveu un labor fundamental a prol da recuperación e dignificación da cultura galega, preocupación que o levou a atender a múltiples frontes, desde aconsellar e guiar a nova xeración até se transformar noideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego. Foi fundador da revista Nós e colaborou no Seminario de Estudos Galegos. No campo político consolidou desde moi cedo o seu peso nas Irmandades, e conseguiu a súa desmembración creando a Irmandade Nazonalista Galega, de opción culturalista fronte ás aspiracións políticas da vella Irmandade da Fala.
    Iniciou a súa andaina comonarrador no ámbito da novela curta (Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros, 1919; O lobo da xente, 1925,...) para seguir cunha novela fundamental na literatura galega, O porco de pé (1928). Mais tamén cultivou todos os outros xéneros: teatro, poesía e, sobre todo, o ensaio. En 1930 Risco realizou unha viaxe como bolseiro co fin de se achegar á etnografía centroeuropea. De regreso publicou "DaAlemaña" na revista Nós, un conxunto de artigos que serán compilados posteriormente en Mittleleuropa (1934), onde se pode apreciar a súa postura ideolóxica, cada vez máis tradicionalista.
    A súa aportación máis destacada dentro do Partido Galeguista foi a creación e posterior escisión da Dereita Galeguista. Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados. En 1945 marchou aMadrid, mais voltou definitivamente para Ourense en 1948. Son anos en que Risco está centrado na súa carreira como escritor español. De todos os xeitos, a instancias dos seus vellos camaradas, baixo o título de Leria, publicou en 1961 unha escolma de traballos filosóficos, críticos e literarios, redixidos na nosa lingua entre 1920 e 1955.
    Tras a súa morte, acaecida en 1963, a multifacetada econtrovertida personalidade de Vicente Risco continuou a exercer unha forte fascinación, e a súa obra investigadora, ensaística, crítica, etnográfica e literaria foi obxecto de numerosos estudos.

Sua carreira e importancia

Vicente Martínez-Risco y Agüero é, xunto con Otero Pedrayo e Cuevillas, un dos máximos representantes do Grupo Nós. Pertence a unha xeración que realizou un importantetraballo de fortalecemento da cultura galega.
Como case tódolos compoñentes deste grupo xeracional tivo unha formación literaria baseada nas correntes de finais do S.XIX. Coa súa obra ensaística "Nós os inadaptados" pon de manifesto como evoluciona ideolóxica e estéticamente o grupo, como descubren que Galicia e as súas xentes poden estar á altura europea, por iso adquiren o compromiso de traballar poladignificación da realidade galega conectándoa con Europa, sobre todo para supera-lo aillamento da literatura galega
A obra literaria de Vicente Risco abrangue Narrativa, Ensaio e Teatro.

Narrativa
A narrativa é de carácter intelectual moi conectada coa súa producción ensaística porque sempre está presente o seu pensamento filosófico.
Ten narracións curtas como "O lobo da xente" e "A trabe...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Vida y obra de Juan Vicente Gonzalez
  • VICENT ANDRÉS ESTELLÉS vida y obra
  • Vida y Obra de Udon Perez y Vicente Salias
  • Vida y obra de juan vicente gomez
  • Vida y Obra de Juan Vicente Gonzalez
  • Vida Y Obra De Juan Vicente Gomez
  • Vida y obra de Vicente Fox Quesada
  • Obra plastica de vicente guerrero

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS