Vida

Páginas: 4 (881 palabras) Publicado: 3 de febrero de 2014
Imaxina homes nunha especie de morada subterránea en forma de caverna, cunha longa entrada aberta, en toda a súa extensión, á luz e imaxina que están alí dende nenos coas pernas e o pescozoencadeados de maneira que teñen que permanecer alí e mirar unicamente cara adiante, pois as cadeas impídenlles xirar a cabeza. Máis lonxe a luz dun lume que arde máis arriba, detrás deles e entre o lume eos encadeados un camiño máis alto; e ao longo do camiño imaxina que foi construído un muro, como as cortinas que se levantan entre os monicrequeiros e o público, para amosar por encima delas osbonecos.
- Xa o vexo.
-Pois ben, contempla agora, ao longo dese pequeno muro, uns homes que transportan toda clase de obxectos que sobresaen por encima do muro, e figuriñas de homes e doutros animais,feitas de pedra e de madeira e doutros materiais e como é natural, entre estes carrexadores, uns van falando e outros calan.
-¡Que estraña comparación fas, e que prisioneiros estraños!
-Semellantesa nós. Pois en primeiro lugar, ¿cres que tales homes teñen visto de sí mesmos e dos outros outra cousa senón as sombras proxectadas polo lume sobre a parte da caverna que está fronte a eles?
PLATÓN.Fedón
- En consecuencia, desde antes de nacer, coñecemos non só a Igualdade, o Grande e o Pequeno, senón todas as cousas de índole semellante. Pois o que afirmamos non é só aplicábel á Igualdade,senón á Beleza, á Bondade, á Xustiza, á Santidade e ao restante da nosa existencia. É, pois, totalmente preciso que tiveramos coñecemento de todo iso antes de nacer.
- Así é.
- E se despois deadquirires tales coñecementos, non os esqueceramos, conservariámolos toda a vida. Pois o saber non é máis que conservar a ciencia que se recibiu. E esquecer, non é perder o que antes si soubera?
- Deacordo, Sócrates.
- Estamos de acordo en que o que se percibiu pola vista, o oído ou outro sentido leva a pensar noutra cousa esquecida, que garda con aquela certa relación, ben parecéndoselle ou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • vida de vida
  • La vida es vida
  • La vida es vida
  • La Vida Que No Es Vida
  • Vida antes de la vida
  • La Vida ¿Qué es la vida?
  • Vida De Vida
  • la vida es la vida

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS