Vino
O termo “Estado” non é usado sempre no mesmo sentido polos diversos
autores. Compre aclarar, polo tanto, as diferentes acepcións e contextos nos
que se adoita usar estetermo a fin de evitar confusións e malentendidos.
1.1. Acepcións do termo “Estado”
Dun xeito moi xeral, pódese definir o Estado como o conxunto de institucións
políticas, administrativas exurídicas que rexen unha sociedade. A miúdo tamén
se denomina “Estado”, por extensión, a aquelas sociedades que están dotadas
desas institucións, falándose, por exemplo do “Estado francés” como sinónimode Francia e a súa da sociedade.
Pero existen outras ambigüidades máis relevantes que a anterior na utilización
do concepto de Estado. Segundo un tipo de autores (xeralmente os
antropólogos e oshistoriadores) chega con que exista nunha sociedade unha
centralización do poder e unha distinción entre gobernantes e gobernados para
poder falar de Estado. De acordo a esta acepción existiríanEstados xa dende
o Neolítico, en contraste coas formas de agrupación en clans elementais do
Paleolítico. Outro tipo de autores, pola contra, (xeralmente os xuristas e os
politólogos) limitan otermo -e o concepto- de Estado á forma de organización
política moderna xurdida a partir do século XVI, aplicando, en consecuencia, o
cualificativo de pre-estatais a tódalas formas de organizaciónpolítica
anteriores. Sexa como sexa, esta distinción é fundamental, tanto para
comprender o carácter específico do Estado moderno, como para entender e
valorar a súa fundamentación filosófica.
Enefecto, o Estado moderno caracterízase pola existencia dun poder político
centralizado pero tamén, e sobre todo, por un ordenamento legal unitario
dentro dun territorio delimitado por fronteiras eun aparato coactivo destinado a
garantilo (forzas armadas e de seguridade, tribunais e xustiza, etc.) totalmente
controlado e monopolizado polo poder político, así como por unha organización...
Regístrate para leer el documento completo.