Vocabulario Arte

Páginas: 6 (1322 palabras) Publicado: 11 de octubre de 2015
Ábsida:espazo semicircular,poligonal ou rectangular que remata a cabeceira dalgunhas igrexas e na que se sitúa o altar,orientada cara o leste.

Altorrelevo:escultura que sobresae do fondo máis da metade do seu vulto.

Aparello almofadado:muro de cantería no que os perpiaños presentan as xunturas biseladas así a súa parte frontal resulta en relevo.

Aparello de cachotería:muro contruído conmateriais non uniformes,de tosca labra,e aparellado de forma irregular.

Aparello de perpiaños:muro realizado con pedras cortadas a escuadra,de sección rectangular e paralelepipedos,ben traballados e de xuntas finas.

Arco apuntado:constituído por dous segmentos de circunferencia, forma un ángulo na clave.

Arco de perpiaño:o que divide a nave en tramos.

Arco de medio punto:de curvaturasemicircular.

Arco formeiro:paralelamente ó eixo lonxitudinal da nave e que a separa da outra nave.

Arco peraltado:de medio punto con prolongación rectilínea no seu arranque.

Arco rebaixado:de curvatura inferior á media circunferencia.

Arcobotante:arco exterior rampante que descarga sobre o muro ou sobre un contraforte exterior,os empuxes laterais das bóvedas.

Arquivolta: cada unha das roscas oumolduras dispostas de xeito concéntrico en torno a un arco. Porta abucinada.Románica e gótica.

Baixorrelevo:escultura que sobresae do fondo menos da metade do seu vulto.

Baldaquino: estrutura apoiada en catro piares ou columnas que se sitúa sobre o altar ou unha tumba.

Baptisterio:edificio,xeralmente de planta central,destinado ó bautismo.

Base:parte inferior da columna sobre a que repousa o fuste.Bóveda de aresta:cuberta que se forma ó cruzarse dúas bóvedas de canón.

Bóveda de canón:cuberta semicilíndrica orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto sobre o espazo.

Bóveda de cruz:cuberta formada polo cruce de nervios estruturais.

Cadro de historia: xénero pictórico, representa escenas históricas, literarias,bíblicas ou lendarias,de crácter conmemorativo.

Cadro de xénero:xénero pictórico que representa escenas e temas tomados da vida de acotío.

Canón:norma que regula as relacións de proporcións ideais entre as partes dun edificio ou entre os membros do corpo humano a fin de establecer un modelo de máxima beleza e harmonía.Orixe grega.

Capitel composto:de creación romana pola fusión de elementos xónicos e corintios,mesturando follas de acanto e volutas.

Capitelcorintio:follas de acanto dispostas en dúas ou máis filas,as inferiores moi curvadas cara á fora e as superiores enroscadas(caulículos).

Capitel dórico:constituído por equino,moldura circular e convexa,e ábaco,moldura a modo de taboiña.

Capitel xónico:formado por volutas ás que se superpón un ábaco.

Ciborio:construción elevada sobre o cruceiro dunha igrexa,en forma de torre de plata cadrada ouoctogonal.

Claroscuro:técnica pictórica que se serve dun forte contraste de luces e sombras, zonas iluminadas e escuras,para acentuear os volumes e resaltar a profundidade.

Clave dun arco:a doela central que pecha o arco.

Columna salomónica:soporte arquitectónico de base circular e fuste helicoidal.

Contraforte:peza arquitectónica que serve para reforzar o muro e contrarrestar os empuxes dasbóvedas.

Contraposto:técnica que consiste na oposición tensión-relaxación mostrada nos brazos e pernas,favorece a sensación de movemento e rompe a lei de frontalidade.

Cor complementaria:cada unha das cores secundarias contrasta plasticamente coa primaria que non entra na súa composición, son as cores opostas no circulo cromático.

Cor plana:as que se aplican por igual sen graduación tonal ninefectos de claroscuro.

Cor primaria:non resultan de ningunha mestura e son amarelo,vermella e azul.

Cor secundaria:obtidas pola mestura de dúas cores primarias e son alaranxado,violeta e verde.

Cornixa:parte que sobresae no alto do entaboamento despois do friso.

Cúpula: cuberta semiesférica xerada pola rotación dun arco que cobre un espazo de planta circular,poligonal ou cadrada.

Curva...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Vocabulario Arte
  • vocabulario de arte
  • Vocabulario Arte Griega
  • Vocabulario Arte Romana
  • Vocabulario historia del arte
  • Vocabulario Hª Del Arte
  • Vocabulario Arte Griego Y Egipcio
  • El arte de amar (resumen y vocabulario)

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS