VOCABULARIO HISTORIA DEL ARTE

Páginas: 17 (4026 palabras) Publicado: 3 de abril de 2013
Vocabulario de Historia da Arte. 2º Bacharelato, todo 
Ábsida

Parte da igrexa situada na cabeceira, xeralmente de planta
semicircular, e ás veces poligonal, cuberta con bóveda de cuarto de
esfera.

Altorrelevo

Figura, ornamento ou composición en escultura que resalta do fondo
máis da metade do seu vulto, xeralmente ¾ do mesmo.

Aparello

Obra ou muro construído con cantarías queteñen a súa parte frontal

almofadado

labrada en relevo e coas xuntas cortadas en bisel ou rebaixadas con
relación ás caras.

Aparello de

Muro construído con pedras sen labrar, de forma irregular, que para

cachotería

un mellor asentamento se calzan con cascallos.

Aparello de

Obra ou muro construído con pedras ben labradas, rectangulares, en

perpiaño

forma deparalelepípedo, e de xuntas finas.

Arco apuntado

Arco formado por dous segmentos de circunferencia de igual raio
pero diferentes centros, que forman ángulo na clave.

Arco de faixa

Arco de perpiaño, que reforza e divide en tramos a bóveda de canón,
e se dispón transversalmente ao eixe lonxitudinal da nave. Propio da
arquitectura románica.

Arco de ferradura

Arco formado por unha secciónmaior que a semicircunferencia.

Arco de medio

Arco formado por unha semicircunferencia e polo tanto de frecha

punto

igual á semiluz.

Arco formeiro

Arco paralelo ao eixe lonxitudinal dunha nave e que comunica unha
nave con outra servindo de soporte das bóvedas.

Arco peraltado

Arco de medio punto sobreelevado a base de repetir a primeira
doela, polo que a súa frecha é maiorque a semiluz.

Arco rebaixado

Arco que ten a curva inferior a media circunferencia.

Arcobotante

Arco rampante exterior que descarga a presión lateral das bóvedas
sobre un contraforte. Serve tamén como desaugue da chuvia a
través da canle labrada no extradorso que chega ata a gárgola. É
elemento fundamental da arquitectura gótica.

Arquitrabe

Parte inferior do entablamentoclásico, sobre a que se constrúe o
friso e que se apoia sobre o capitel da columna.

Curso 2010‐11. Ana Navas 

Páxina 1 

Vocabulario de Historia da Arte. 2º Bacharelato, todo 
Arquivolta

Moldura concéntrica que forma a cara frontal de cada un dos arcos
abucinados dunha portada románica ou gótica e que presenta
decoración moi variada, figurativa (representacións humanas ou
zoomórficas) ouxeométrica (como por exemplo axadrezados e
dentes de serra).

Baixorrelevo

Composición esculpida que sobresae do fondo menos da metade do
seu vulto.

Baldaquino

Estrutura que a xeito de dosel cobre o altar maior dun templo, pía
bautismal ou tumba. Consta dunha cuberta, sostida normalmente por
catro columnas.

Baptisterio

Edificio xeralmente pequeno, exento, de planta central,cadrada,
circular ou poligonal, situado xunto á igrexa, no que se administra o
bautismo.

Base

Parte inferior da columna sobre a que repousa o fuste, composta
xeralmente por molduras.

Bóveda de aresta

A formada polo cruce perpendicular de dúas bóvedas de canón da
mesma frecha, resultando do encontro catro arestas angulares.

Bóveda de canón

A formada polo desprazamento dun arcode medio punto sobre
soportes paralelos e nun eixe lonxitudinal.

Bóveda de cruz

A composta por arcos que se cruzan diagonalmente, tamén
chamados nervios, cunha clave central común e co espazo cuberto
por pano de muro lixeiro. Pode multiplicar os seus nervios e claves.

Cadro de Historia

Xénero pictórico que reproduce escenas do pasado, con intención
conmemorativa ou nostálxica.Caracterízase por ser unha pintura
narrativa: a escena representada conta una historia e transmite unha
mensaxe moral ou intelectual. Soen ser cadros de gran formato nos
que hai unha concentración duns poucos personaxes principais en
medio doutros secundarios en confusa multitude e todo enmarcado,
xeneralmente no fondo e nos lugares menos destacados do cuadro,
por estruturas arquitectónicas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • VOCABULARIO HISTORIA DEL ARTE
  • Vocabulario historia del arte sobre Al-Andalus
  • vocabulario de arte
  • Vocabulario Arte
  • Vocabulario Arte
  • vocabulario de arte
  • Vocabulario Historia Del Arte
  • Vocabulari historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS