WEBQUEST
Unha Webquest é unha actividade enfocada á investigación, na que a información usada polos alumnos é ,na súa maior parte, descargada da Rede. Os WebQuest deséñanse para rendabilizar o tempodo alumno, centrando a actividade no uso da información, mais que na súa procura, e para apoiar a reflexión do alumno nos niveis de análise, síntese e avaliación. A idea de WebQuest foi desenvolvidaen 1995 , na Universidade Estatal de San Diego por Bernie Dodge xunto con Tom March e describiuna en “Some Thoughts About WebQuests”. Desde entón constituíuse nunha das técnicas principais de uso eintegración de Internet na escola.
TRABALLO COLABORATIVO
Un dos aspectos máis relevantes do traballo con webquest é a súa firme aposta polo traballo colaborativo. Isto plásmase nas seguintescaracterísticas:
Interdependencia positiva: os alumnos deben percibir que non se pode ter éxito sen os demais.
Fomento da interacción (mellor cara a cara): os alumnos apréndense mutuamente e anímanse nun traballoreal.
Responsabilidade individual e de grupo: o grupo é responsábel de realizar o traballo, e cada compoñente é responsábel da súa parte no proceso.
Xeitos interpersoais e de pequeno grupo: a maioriados xoves (e moitos adultos) necesitan formación sobre como traballar xuntos.
FAVORECER O DESENVOLVEMENTO SATISFACTORIO DO TRABALLO DO ALUMNADO
Un bo WebQuest pídelle aos estudiantes cousas quenormalmente non se espera que fagan, polo tanto hai que reforzar determinados aspectos clave, ata que os alumnos os interioricen e sexan capaces de traballar de forma autónoma.
Recepción: A Web permite queos alumnos entren en contacto con recursos que poden non ter visto antes, polo tanto se non se lles prepara para extraer información de dito recurso é posíbel que o resultado sexa pobre. O reforzoconsiste nunha guía para ler dito recurso e para reter o que debe ser aprendido (guías de observación, consellos para conducir entrevistas, glosarios “on line”, diccionarios,...).
Transformación: Os...
Regístrate para leer el documento completo.