Xeracion dos pcs
É dicir, o desenvolvemento dos computadores dáse en dous aspectos:
*
Polas súas características construtivas (circuítos, arquitectura global dosistema, tecnoloxía electrónica).
* Polos programas básicos cos que opera (sistema operativo, linguaxes.
Desde a invención do primeiro computador os equipos tiveron un avance que se pode estudar en termos de xeracións, concretamente cinco xeracións.
Primeira xeración (1939 - 1957)
O inicio da primeira xeración vén dado pola construción do Z3 de Konrad Zuse, pero o invento que provocoumaior impacto e co que se considera o inicio desta primeira xeración é o Atanasoff-Berry Computer ou ABC.
O ABC foi construído polo profesor de física John Vincent Atanasoff e o seu axudante Clifford Berry. Este ordenador estaba composto de tubos ao baleiro, condensadores para o almacenamento da memoria e un sistema lóxico para a súa operatividade. Esta computadora foi usada para resolver ecuaciónsmatemáticas sinxelas. Foi o primeiro computador electrónico dixital, aínda que sen bos resultados e nunca foi mellorado. Os seus inventores xamais o patentaron e xurdiron problemas sobre a propiedade intelectual do mesmo nos cales participou IBM.
En 1944 apareceu o Mark I, que é o primeiro computador construído pola IBM a gran escala, desenvolvido en cooperación coa Universidade de Harvard.A Calculadora Automática de Control Secuencial do Mark I é a primeira máquina capaz de executar longas operacións en forma automática. Medía 15 metros de longo, 2?40 metros de altura e pesaba 5 toneladas.
O Mark I usaba relés electromecánicos para resolver problemas de suma en menos dun segundo, 6 segundos para multiplicación e o dobre de tempo para a división. Moito máis lento que unhacalculadora de peto do presente.
En 1946 apareceu o ENIAC (Electronic Numerical Integrator and Computer), que se converteu nun dos computadores máis famosos da época. Foi empregado polo exército exclusivamente para cálculos balísticos ou para saber a traxectoria dos mísiles.
Foi construído na Universidade de Pensylvania por John Mauchly e J. Preper Eckert. Medía 2?40 metros de ancho e 30 metros delongo e pesaba 80 toneladas. O ENIAC podía resolver 5000 sumas e 360 multiplicacións por segundo, pero a súa programación era mala e debía cambiárselle de tubos constantemente.
En 1949 foi creada a EDVAC (Electronic Discrete Variable Automatic Computer), que era unha computadora construída na Universidade de Manchester e foi o primeiro equipo con capacidade de almacenamento de memoria e fixorefugar aos outros equipos que tiñan que ser intercambiados ou reconfigurados cada vez que se usaban. Coa EDVAC logrouse ter o programa almacenado na computadora grazas a que o EDVAC tiña unha maior capacidade de almacenamento de memoria.
A memoria consistía en liñas de mercurio dentro dun tubo de vidro ao baleiro, de tal modo que un impulso electrónico podía ir e vir en 2 posicións, para almacenar osceros (0) e uns (1).
Segunda xeración (1957 - 1964)
Esta xeración está marcada polo invento do transistor nos Laboratorios Bell en 1947. En 1954 Texas Instrument mellorouno utilizando silicio na súa fabricación en lugar de germanio. Co uso dos transistores puidéronse construír computadores máis fiables e baratos. Como medio de almacenamento da información utilizáronse as cintas magnéticas.Ao observar que os computadores non só servían para realizar cálculos dividiuse en dúas liñas a produción, uns para realizar cálculos e os outros para procesamiento de datos.
A forma de comunicación con estes novos computadores é mediante linguaxes máis avanzadas que a linguaxe da máquina, e que reciben o nome de linguaxes de alto nivel ou linguaxes de programación
Esta xeración durou...
Regístrate para leer el documento completo.