Zimbardo

Páginas: 7 (1620 palabras) Publicado: 21 de febrero de 2013
Índice:




• Introdución …………………………………………..….1



• Explicación a partir dos conceptos da psicoloxía

o Poder da situación ………………………............. 3

o Conformidade co grupo …………………………. 3

o Obediencia a autoridade ………………………… 4

o Desindividualización e deshumanización ……... 4




• Conclusión persoal ……………………………… 5• Bibliografía…………………………………………6




















Introdución:


O estudo da “cárcere de Standford” nace a partir dos numerosos conflitos que tiñan lugar nas prisións Estadounidenses. Encargado pola Armada deste país que buscaba unha solución a esta problemática, levouse a cabo no ano 1971.

Zimbardo foi o líder deste estudo, el e o seu equipo foron os encargadosde levar a cabo todo o experimento. O experimento tería lugar no soto da Universidade de Standford no cal se recreou una cárcere ficticia, da cal Zimbardo seria o superintendente.

Escolléronse ós participantes por medio dun anuncio no xornal ó cal contestaron 50 voluntarios,destes seleccionáronse 24 que se consideraron os mais sans física e mentalmente. Todos eran estudantes universitarios,varóns de clase media e raza branca. Estes 24 participantes dividíronse de forma aleatoria en dous grupos: reclusos e gardas.

Os gardas recibiron porras e uniformes militares, debendo levar gafas de espello para impedir o contacto visual. Traballarían por quendas e voltarían a casa nas súas horas libres.

Os reos só levarían unha bata (sen roupa interior) , unhas sandalias que llesprovocaba incomodidade, unhas medias na cabeza para semellar aspecto de reclusos rapados e cadeas nos nocellos que lles recordase permanentemente que estaban encarceados. Ademais asignaríaselles un número polo cal serían recoñecidos e que estaría cosido no seu uniforme, non empregando en ningún momento o seu nome.

O dia anterior o comezo do experimento déuselles unha charla ós gardas que serianos encargados de dirixir a prisión ca única prohibición de exercer calquera tipo de violencia física. Ós reos simplemente se lles deu a orde de que esperasen na súa casa. Estes, sen previo aviso foron detidos nas súas propias casas por policías reais, foron levados a cárcere de Standford sendo inspeccionados, espidos, espiollados e dándolles novas identidades.

O segundo día, o experimentofóiselle das mans. Os reos rebeláronse nun motín e os gardas presentáronse como voluntarios para facer horas extras ata disolver a revolta. Estes atacaron ós prisioneiros con extintores sen a supervisión directa do equipo de investigación. A partir dese acontecemento os gardas separarían ós presos en bos e malos facéndolles crer que había informadores entre eles. Esta táctica sería máis tardeempregada en cárceres reais estadounidenses para evitar motíns.





Os recontos dos reos, que só servían para que se familiarizasen cos seus roles, convertéronse en experiencias traumáticas para eles xa que eran castigados polos gardas incluíndo castigos físicos como flexións ou traballos forzados.

De súpeto xa non se trataba dun simple experimento, xa que os gardas vían os reclusoscomo alborotadores que ían a por eles, que lles querían facer dano e en resposta comezaron a aumentar a vixilancia e as agresións. O dereito a ir ó lavabo pasou a ser un privilexio para os reclusos, retiráronselles os colchóns tendo que durmir espidos a carón do chan, tamén se lles negaba a comida como castigo e incluso se lles obrigou a realizar actos homosexuais como humillación.

A medidaque o experimento avanzaba os gardas aumentaron as condutas sádicas, sobre todo cando pensaban que as cámaras estaban apagadas e algún preso tivo que ser “liberado” tras moito insistir por presentar un trastorno emocional agudo. Ó mesmo tempo o reo 416 realizou unha folga de fame como protesta a actitude dos gardas e como castigo tivo que soster durante 3 horas as salchichas que se negara a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Zimbardo
  • zimbardo
  • Experimento de zimbardo
  • El Experimento (Zimbardo)
  • Experimento de zimbardo
  • El experimento de zimbardo
  • experimento Zimbardo
  • proyecto zimbardo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS