Zorrassss

Páginas: 2 (468 palabras) Publicado: 27 de enero de 2013
Esta é, Ollos de auga, a primeira novela de Domingo Villar e, tamén, a primeira del que leo, e xa devezo por comezar có seguinte, A praia dos afogados. Este Nadal, cando andaba a merca-los libros engalego que me había traer a Bormujos, na librería Segrel da miña vila natal recomendáronme a este autor, e merquei A praia dos afogados. Xa en Pontevedra, dando un paseo polo centro da vila atopeieste libro e, lendo a contraportada, vin que era o primeiro dos dous, có cal decidín mercalo e, sen dúbida, non me trabuquei na elección.

A narración vainos amosando como dous policías, o inspectorLeo Caldas e o seu axudante, Rafael Estévez, tentan resolver o macabro asasinato dun saxofonista no seu apartamento, nun edificio máis que coñecido para todo aquél que teña ido algunha vez á cidade deVigo, e sito na illa de Toralla. O asasinado, a mais de toca-lo saxofón, é mestre no conservatorio e participa nun grupo de jazz. Asemade, a súa condición sexual, tamén atópase vinculada a todo oacontecido.

Leo Caldas é un policía que recentemente deixou a súa relación emocional coa súa parella, á que bota de menos continuamente. Asemade, participa nun programa radiofónico no que tentan axudarós cidadáns a resolve-los problemas cotiás e que poden requeri-la participación da policía, e do que, supón, apenas hai ouvintes mais, ó longo dos acontecementos, descubre que realmente é unha estrelaradiofónica.

Rafael Estévez, maño, destinado en Vigo por mor do seu xeito de traballar coma policía, é un mangallón que non entende o xeito de ser e de falar dos galegos, pero que fita marabilladode que en Galicia, ó contrario do que pensa a xente, vai un calor e unha humidade que non esperaba. A todo iso, o vivir nunha cidade na que todo é costa arriba ou costa abaixo, segundo se estea abaixoou arriba, faille que non pare de se laiar durante toda a novela do clima do sur de Galicia.

Ainda que esta parella de policías, para min, non é moi orixinal, xa que me fai lembrar a Asterix e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS