A Casola Do Foxo
Sempre quixen realizar os meus estudos en Santiago. Ó final puiden facelo, o soño máis feliz da miña vida fixérase realidade.
Mandáronme de paleontóloga, é dicir, remexernas pedras e nos ósos para saber como vivían os nosos antepasados, á Bretaña Francesa. A viaxe foi xenial, no camiño de París a Pontivy atopeime cun home vello de roupas moi desgastadas, chepudo, eademais diso tiña un “tic” moi raro: cada cinco minutos, púñase a tocar unha certa melodía ó bombardino.
Polo seu aspecto veume á cabeza o libro de Álvaro Cunqueiro, ese que se titula As crónicas dosochantre. ¡Claro! ese señor era un sochantre igual que o do libro.
Contoume que coñeceu a Álvaro Cunqueiro e que unha vez viaxara con mortos. Eu diso non lle crin moito. Tamén me dixo que enGalicia, nun lugar do sur de Ourense cruzando non sei que encoro había un dolmen. Non me puido dar máis datos porque non se lembraba e ademais o maquinista estábao arrastrando para botalo fóra. Minto,nun papel vello e amarelo deume o seguinte mapa:
SEGUNDA PARTE
Esa noite non traballei na escavación porque se esgotaran as baterías, así que decidín ir para o hotel.Atopábame moicansa, pero non tiña sono. Estaba pensando e dándolle voltas ó que aquel sochantre me dixera. Inda que eran as 11:30 e ó día seguinte me tiña que erguer ás 7:00 decidín saír a dar un paseo. Camiñandopola rúa “Les Luthiers” atopei un pub, non moi cheo que digamos, a tomar un auga. Estando alí comezou a soar unha canción moi pegadiza. Soábame moito, era unha canción tocada con arpa. Pregunteille ócamareiro, que era Bretón de toda a vida co
meu fantástico novo idioma que aprendera facía pouco, como se titulaba aquela peza que estaba a soar naquel intre. Contestoume que era unha melodía moicoñecida no lugar e que se chamaba Pandeirada de Entrimo.
TERCEIRA PARTE
Saín do pub e de camiño para o hotel ía cantaruxando aquela melodía.Logo asociei o que me dixo o...
Regístrate para leer el documento completo.