A construccion do estado liberal

Páginas: 11 (2545 palabras) Publicado: 5 de febrero de 2014
A construción do Estado
Liberal e as súas dificultades
Historia de España 2º Bacharelato. Unidade 2
Mª A. Fernández
Departamento de Xeografía e Historia • IES Santa Irene• Curso 2013-14

Mª A. Fernández• ma.agustinafernandez@edu.xunta.es•IES Santa Irene

1

Historia de España 2º Bacharelato. Unidade 2

Evolución dos feitos
Do réxime absoluto ao sistema democrático
Coa morte deFernando VII, coincidindo cronoloxicamente co resto da Europa Occidental,
desenvólvese en España o proceso de revolución liberal que levará á destrución definitiva das
estruturas do Antigo Réxime.
Este período comeza cunha guerra civil ocasionada pola sucesión de Fernando VII na que se
enfrontan carlistas ( absolutistas) e isabelinos (liberais). O trunfo liberal instaura unha
monarquíaconstitucional e a nova clase burguesa, aliada coa vella nobreza, controla a política
e acomete o desenvolvemento capitalista.
Os problemas derivados dun parlamentarismo pouco representativo e as dificultades dos
nacentes partidos para acceder ao goberno pola posición da raíña a prol dos moderados, deu
protagonismo ao exército que actúa forzando os cambios a través de Pronunciamentos.
A revolución de1868 pon fin a monarquía de Isabel II e supón a derradeira etapa da
revolución liberal. Durante seis anos inténtase un sistema democrático, primeiro a través
dunha monarquía e o fracasar esta téntase establecer unha república federal. Foron anos de
inestabilidade nos que os diferentes gobernos tiveron que se enfrontar ao novo levantamento
carlista, a guerra de Cuba e aos primeiros movementosobreiros.

O reinado de Isabel II
1833-1868
A SUCESIÓN
A sucesión de Fernando VII desencadea un conflito dinástico. O rei, que non tivo fillos
varóns, quere que a súa filla Isabel herde o trono, pero existía unha lei imposta polos Borbon
(Lei Sálica) que impedía acceder ao trono ás mulleres. O Rei decide derrogala mediante a
Pragmática Sanción. O sector descontento dos absolutistas polasreformas introducidas polo
rei, é partidario do mantemento da Lei e apoian a sucesión do irmán do rei, Carlos. A raíña
Mª A. Fernández• ma.agustinafernandez@edu.xunta.es•IES Santa Irene

2

Historia de España 2º Bacharelato. Unidade 2
rexente, xa durante a enfermidade do rei, decreta amnistía para os liberais, porque comprende
que precisa apoiarse neles para defender o trono da súa filla.
Arexencia de Ma Cristina, a viúva do rei, debe durar ata a maioría de idade de Isabel. O
primeiro ao que se ten que enfrontar é á insurrección do sector carlista.

Etapas e acontecementos importantes

A GUERRA CARLISTA
Os carlistas proclaman rei a Carlos esperando del o mantemento do absolutismo e da
sociedade tradicional e a conservación do sistema foral tradicional. Unha boa parte doclero, a
pequena nobreza agraria e amplas zonas rurais do País Vasco, Navarra, Cataluña, Aragón e
Valencia defenden a súa sucesión.
A causa isabelina é apoiada por unha parte da alta nobreza e dos funcionarios e un sector da
xerarquía eclesiástica. A necesidade de ampliar os apoios cos que conta, obriga á rexente a
ceder ás demandas liberais que reclaman o fin do absolutismo e a implantación dunestado
liberal.
Os carlistas utilizan o método de guerrillas na loita porque non contan nun primeiro momento
cun exército regular. No principio da guerra obteñen trunfos, pero despois son os liberais os
que dominan a situación baixo o mando do xeneral Espartero. O Convenio de Vergara pon fin
a primeira das guerras, pero o carlismo aflorará durante moito tempo aproveitando os
momentos dedebilidade dos gobernos liberais.
A guerra serviu para acelerar o proceso de revolución liberal e entre os anos 1833 e 1843
desmantelouse o Antigo Réxime.

Mª A. Fernández• ma.agustinafernandez@edu.xunta.es•IES Santa Irene

3

Historia de España 2º Bacharelato. Unidade 2

OS LIBERAIS : PROGRESISTAS E MODERADOS

A raíña rexente, despois de intentar renunciar á unha mínima parte de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La construcción de un estado liberal
  • constitucion do estado liberal (gallego)
  • A construcicon do estado liberal
  • CONSTRUCCIÓN Y CONSOLIDACIÓN DEL ESTADO LIBERAL ANTECEDENTES
  • Guión tema: construcción y consolidación de estado liberal
  • Consolidacion del estado liberal y construccion de una sociedad nacional
  • LA CONSOLIDACION DEL ESTADO LIBERAL Y LA CONSTRUCCION DE UNA SOCIEDAD NACIONAL
  • Consolidacion del estado liberal y construccion de una sociedad nacional.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS