A Cova Das Vacas Mortas

Páginas: 8 (1989 palabras) Publicado: 6 de marzo de 2013
A Cova das Vacas Mortas
Jaureguizar
XERAIS

FICHA
Título:
Autor:
Editorial:
Colección:
Nº páxinas:
ISBN:

TÉCNICA

A Cova das Vacas Mortas
Jaureguizar
Edicións Xerais de Galicia
Fóra de Xogo
144
978-84-9782-480-6

PREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
DE LITERATURA XUVENIL

O

2006

AUTOR

SANTIAGO JAUREGUIZAR (Bilbo, 1965)

2

Traballa como xornalista en El Progresode Lugo.
Pertence ao movemento Bravú. É vocalista do grupo de narrativa trip hop Elviscristo
Furious Machine. Realizou guións para curtametraxes e foi pioneiro na introdución da
literatura galega na rede.
Como narrador ten publicados os seguintes libros: Fridom Spik, Comendo espaguetis diante da televisión, As horas sucias, Breve crónica universal da clase obreira (Premio Lueiro Rey
2001),Casa Skylab (Premio Xerais 2003), Cabaret Voltaire (Premio Manuel García Barros
2005)…
Tamén son súas as novelas xuvenís Todo a cen, A rutina corsaria, Salitre, ¡Balea morta ou
lancha a pique!…
Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.

O

LIBRO

Premio Fundación Caixa Galicia de literatura Infantil e Xuvenil 2006 (I convocatoria).
Segundo o xurado, merece este galardón pola riqueza temáticae pola capacidade de construción dun protagonista adolescente que afronta con valentía os problemas que lle tocou
vivir. A súa lectura é áxil grazas aos abundantes e ricos diálogos e a unha lograda ambientación espacial, que, sen exceso de descricións, consegue transportarnos afectivamente ao
lugar onde se desenvolven os acontecementos.
Na montaña luguesa os restos dunha comuna de hippiessobrevive en casas tomadas. Esta
situación vai cambiar cando os donos volven a facerse cargo das propiedades.
No medio desta situación atopamos a Xoel, un adolescente cheo de sentido común que
ten como mellor amigo a un obreiro. O seu avó, un estraño alemán que se pasa o día coa
cámara na man filmando ou facendo que filma, fala continuamente da documentalista
Leni Riefenstahl, da que di foiaxudante.
Todo pode pasar en calquera lugar; mesmo nos montes galegos se pode atopar unha aldea
como decorado dunha vila alemá.
A novela conta coa súa propia web: http://www.jaureguizar.info/cova

TEMAS

E VALORES

• Comunas e movemento hippie. Unha volta aos anos nos que estes movementos tiveran
unha certa repercusión. O establecemento de comunas nos lugares afastados e marxinais.
• Acineasta Leni Riefenstahl. A historia desta documentalista, famosa nos anos do III
Reich, traída de novo á actualidade.
• O nazismo e os réximes afíns. Colocar estes personaxes en Galicia, daquela e moitos anos
máis tarde, nun xogo de posibilidades que funciona a modo de calidoscopio.
• A propiedade privada: os ocupas e os donos. As dúbidas ante quen ten máis dereito, se
aqueles que se quedarondándolle vida ás casas abandonadas nos últimos tempos ou os
que tiveron que deixalas para forxarse un futuro lonxe de alí.
• A amizade e o amor. A adolescencia e os seus sentimentos.
• Enfermidade de Alzeimer. Esquecelo todo, mesmo o funcionamento do corpo, lembrar
o pasado ao soñalo.
• A asunción de responsabilidades coa familia e coa sociedade. Os dous protagonistas son
un bo exemplo decompromiso en cada unha das súas decisións.

3

ACTIVIDADES
* As actividades que se propoñen, a continuación están pensadas para que o profesorado elixa aquelas que poidan resultar máis adecuadas para o seu alumnado ou para a
dinámica do grupo.

4

ANTES DA LECTURA:
• Co libro na man anticiparemos ao seu contido. Con esta fin, observaremos as capas
e imaxinaremos o que podemos atopar nel.• Atenderemos ao que nos suxira o título e a ilustración da portada.
• A lectura da contraportada axudaranos a adiantar o argumento do mesmo.
Deixamos que agromen os coñecementos previos acerca deste tema. Falamos doutros libros que tamén o traten.
• Identificamos o autor e comentamos o que saibamos acerca del. Para elaborarmos
esta actividade podemos axudarnos coa lectura do epígrafe que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A cova das vacas mortas
  • a cova das vacas mortas
  • Análise da novela a cova das vacas mortas.
  • as manchas das vacas
  • Cover
  • Cover
  • La mort
  • cove

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS