A Crise Bancaria En España 1977-1985

Páginas: 25 (6133 palabras) Publicado: 13 de abril de 2012
A crise bancaria en España 1977-1985
Causas, desarrollo e consecuencias

Estudio no que se deu a crise bancaria así como as súas causas profundizando na forma de afrontala crise e na expropiación do grupo Rumasa S.A e nos seus custos.

2008
David Palanca Pérez

20/05/2008

1- Contexto social en España e no mundo.

A crise bancaria sufrida en España no período 1977 – 1985 estáclaramente marcada a nivel nacional pola recente morte de Franco (1975), o que sume ó país nun período de transición no que chega ó goberno Arias Navarro, e posteriormente o líder de UCD Adolfo Suárez, o cal está considerado como o presidente da transición española.
Mentres se da este período de certa incertidume en España, o mundo sofre una gran crise que deriva na crise do petróleo (1973), na calos países pertencentes a OPEP (creada en 1960) mais Exipto e Siria tomaron a decisión de cortar a exportación de fuel ós países que apoiaran a Israel durante a guerra do Yom Kippur, entre os que se atopaban EEUU e varios países da Europa Occidental; o que xerou un período de inflación debido ós continuos cortes de suministro e ó continuo aumento dos presos, xa que países como EEUU tiñan una grandependencia das exportacións de petróleo chegadas dende os países da OPEP.

2- Causas da crise bancaria.

Pódese dicir que a crise bancaria en España foi o resultado de sumar un cúmulo de circunstancias negativas tanto exteriores como internas para o sector empresarial e banqueiro, coa incompetencia e pouca visión de institucións como o Banco de España:

A- Evolución do entorno dosistema bancario e empresarial.

O sistema bancario e empresarial en España está claramente marcado por dous feitos que a partir de principios dos anos 70 marca o seu desarrollo de forma claramente negativa.
A problemática na que se somerxe España ten como inicio a anteriormente mencionada crise do petróleo de 1973, na que se da o fin da enerxía barata co gran aumento dos prezos da mesma; unfeito que non se recoñece como un serio problema, ata 2 anos mais tarde, con España somerxida xa na transición política, e cun mais que serio problema do ritmo de crecemento do país, o cal pasa dunha media do 7% de crecemento do PIB na quincena anual anterior (1961 – 1974) a un mais que pírrico 0,2% no ano 1979.
Ademais de afrontar a crise económica con certo retraso, tamén se podedestacar que as medidas levadas a cabo para paliala non foron as idóneas, xa que se intentou responder con políticas compensatorias que o único que conseguiron, a parte da tremenda caída do ritmo de crecemento do país, foi conseguir que as taxas de inflación foran aumentando ata chegar ó 26,4% no ano 1977.
Todo isto repercutiu nas entidades bancarias principalmente nos tipos de xuros, noscustos operativos e no crecemento dos depósitos. Ademais, cabe destacar que as políticas monetarias restritivas para loitar contra a inflación fan que cada vez a liquidez sexa menor e esixa un axuste cada vez maior do efectivo dos bancos.
En canto as empresas a situación do país fixo que se tiveran incluso que levar a cabo serias reconversións industriais de varios sectores como o metalúrxico(debido o aumento do prezo da enerxía); polo que se pode dicir que o aumento dos custos dos factores e a caída case total do crecemento económico repercutiu moi negativamente no sector.
B- Liberalización do sistema bancario e aumento do prezo do diñeiro.

A historia do sistema bancario español está caracterizado polo sistema pechado que se deu entre o 1936 e o 1962, segundo o calexistían certas limitacións como a prohibición a ser banqueiro e a moi limitada creación de novos bancos, polo que a única forma de crecemento era mediante absorcións entre pequenos bancos; habendo tamén un control administrativo sobre os tipos de interese que tiña como consecuencia uns beneficios estables e crecentes.
Pero isto cambiou radicalmente no ano 1962 coa Lei 2/1962 de Bases de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Abstencion En España (1977-2011)
  • Programas electorales en España 1977-1993
  • cris
  • Cris
  • cris
  • Cris
  • cris
  • Contratación Bancaria España

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS