A crise do 29

Páginas: 27 (6659 palabras) Publicado: 23 de febrero de 2014
1/ A EVOLUCIÓN DAS ECONOMÍAS OCCIDENTAIS DESENVOLVIDAS

1.1/ OS ANOS VINTE EN EUROPA E NOS EE UU
1.1.1/ As consecuencias económicas da Primeira Guerra Mundial
1.1.2/ A reconstrución de Europa: as reparacións de guerra e as débedas aliadas
1.1.3/ A Hiperinflación en Alemaña. 1923..
1.1.3.1/ Consecuencias da Hiperinflación
1.1.3.2/ Estabilización monetaria
1.1.4/O Plan Dawes:
1.1.5/ O Gold Exchange Standard (GES)
1.1.6/ A expansión económica norteamericana: a prosperity e o american dream
1.2/ A CRISE DE 1929
1.2.1/ As causas do crac do 29
1.2.2/ As consecuencias do crac do 29
1.2.3/ A xeneralización mundial da crac do 29
1.2.4/ As respostas á crise de 1929
1.2.4.1/ As políticas económicas deflacionistas1.2.4.2/ As depreciacións monetarias: o abandono do GES
1.2.4.3/ O proteccionismo e o bilateralismo
1.2.4.4/ O intervencionismo: O New Deal e a Autarquía
1.2.4.4.1/ A alternativa de Keynes fronte a crise do 29
1.2.4.4.2/ O New Deal norteamericano
1.2.4.4.3/ A autarquía fascista
1/ A EVOLUCIÓN DAS ECONOMÍAS OCCIDENTAIS DESENVOLVIDAS
1.1/ OS ANOS VINTE EN EUROPA E NOS EE UU
1.1.1/AS CONSECUENCIAS DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
As consecuencias socioeconómicas da Primeira Guerra Mundial foron moi graves.
O custo económico da guerra foi enorme para todos os países, non só polas destrucións de bens materiais, senón fundamentalmente polo trastorno da estrutura produtiva e polos gastos financeiros que ocasionaron.
A destrución de bens materiais, aínda que foi moi elevada -cidades, vivendas, industrias, campos de cultivo - estivo limitada ás zonas de combate.
Importantes foron tamén os efectos negativos sobre a estrutura económica produtiva. Durante a guerra todos os recursos económicos puxéronse ao servizo da produción bélica, o que determinou a transformación de moitas industrias e o abandono da fabricación de bens de consumo. O sector agrícola diminuíu a súacapacidade produtiva pola falta de man de obra debido ás mobilizacións masivas. Os intercambios comerciais reducíronse ao mínimo. Os distintos Estados tiveron que recorrer ao endebedamento para poder facer fronte ao incremento dos seus gastos militares.
A cuestión financeira era especialmente delicada: débedas e indemnizacións de guerra afectan aos Estados europeos de maneira grave. Non obstante, assituacións foron moi diversas. En Rusia, o novo goberno comunista tomou a decisión unilateral de non recoñecer os préstamos solicitados na época dos tsares, o que produciu cuantiosas perdas aos Estados occidentais.
Gran Bretaña e Francia estaban moi endebedadas co seu socio norteamericano, pero os seus gobernos pensaban resarcir as débedas grazas ás indemnizacións de guerra que esperaban cobrarlle aAlemaña. Pero a esperanza viuse truncada pola incapacidade alemá de facer fronte ás desorbitadas cantidades esixidas polos vencedores.
A lentitude do proceso de recuperación e a perda de posicións no comercio internacional por parte de Europa contrastan co crecemento interrompido de EE UU e Xapón, que lle permitirá a estes dous Estados converterse nas grandes potencias económicas do mundo.
Asrepercusións sociais tamén foron intensas. Os negocios da guerra beneficiaron e enriqueceron ós grandes fabricantes industriais e os que se fixeran cos contratos de subministración bélicas. As clases medias e baixas, empeoraron o seu nivel de benestar económico pola alza dos prezos coa conseguinte perda da capacidade adquisitiva dos seus salarios.
Pese a todo, o principal motivo de tensión en Europafoi a firmeza dos vencedores, especialmente Francia, para lle esixir aos derrotados, e en especial a Alemaña, o pagamento de reparacións causadas polas destrucións da guerra. Igualmente os Estados Unidos esixiu a recadación das débedas contraídas polos aliados europeos para financiar a guerra. Todos estes feitos xeraron grandes tensións nas relacións entre os propios vencedores, que non foron...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Crise Do Sector Lacteo
  • Crise Do Socialismo Real
  • Crise Do /93 = Crise Do/08
  • A Crise Do Antigo Réxime
  • A crise do antigo rexime
  • A Crise Do Ántigo Réxime
  • cris
  • Cris

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS