A Dama de Shanghai
Non quixera pasar por alto unha breve referencia acerca da historia e simboloxía do espello,
aínda que en verdade , quizais sexa este último o aspecto que máis nos interese pola súa
relación coa escea final de “ La Dama de Shangai” ; obxecto último de interese deste pequeno
traballo.
O que se sabe do descubrimento e evolución doespello débeselle sobre todo ás
representacións atopadas en pintura mural, e como non, nos achádegos arqueolóxicos. Unha
das máis antigas representacións atopámolas en Corinto, datadas no século V; nela, unha serie
de figuras elegantes míranse nuns pequenos discos de metal pulido. Sería de interese anotar que
na mitoloxía grega, o seu descubrimento débeselle a Hefesto, creador e deus do lume emetais,
polo que o espello está dotado de certo orixe divino e máxico. Entre os gregos e,
posteriormente, romanos o espello precisaba sempre ó escravo, posto que este serviría de atril
mentres a dama se miraba; pero non formaría posiblemente parte desa intimidade , senón que
non sería máis que unha sombra que non se reflexa. Será durante esta época cando apareza
tamén a relación do espello coasvanitas, e a moralexa en relación coa muller, das que dirá
Séneca “...por uno de esos espejos son capaces de dispensar la dote antiguamente dada por el Estado...” Xa en
época imperial pasará a formar parte da equipaxe dos homes, incluso na partida cara as guerras.
Os espellos elaborábanse sempre bruñindo o metal(plateo), xeralmente de cobre, prata ou
bronce. En forma de placa redonda ou ovalada,con gravados e relevos mitolóxicos no reverso,
e co mango tallado.
Na Idade Media apenas se empregaron espellos, ata que no século XIII inventouse a
fabricación dos de vidro e de cristal de roca sobre lámina metálica. No século XVI xa se
empregaban como moble de habitación. No XVII, as fábricas venecianas lograrían construir
espellos de gran tamaño, que entón comezarán a acadar grande valorcomo obxectos
decorarativos en salóns. Venecia entón manipulará o mercado, posto que coñecía tres segredos
que explicaban a superioridade no vidro de Murano: “a salinidade da auga do mar, a beleza e a
claridade da chama dadas polas madeiras en combustión e a cantidade de sal e soda”. Adquire tal fama que
se o espello non é veneciano, debe canda menos ser”á maneira venciana”.Así a fabricacióndo
espello vólvese seriada, industrializada, e comeza a ser máis accesible en precio, calidade e
dimensión. Pola súa parte, os espellos modernos consisten nuha delgada capa de prata ou
alumnio depositado sobe unha plancha de vidro, que o protexe e fai máis duradeiro.
Pero en verdade, para o que nos interesa, quizais sexa máis interesante centrarnos na
simboloxía do espello. Se pensamos por unmomento na súa historia, pensaremos tamén na
relación da humanidade coa súa propia imaxe, e cos múltiples modos de reflexar o mundo. Tal
vez, como ningún outro obxecto cotiá, o espello tén unha historia que o trascende , estando
presente dende o seu descubrimento, nos rexistros de mito, historia, arte e incluso nos diversos
modos de abordar a subxectividade humana. A historia do espello pódesecomprender dende
unha doble vertente, a priori enfrontada, pero como veremos, non é senón complementaria. A
primeira é un aspecto cara o exterior co que podemos relacionar o mito de Narciso(a imaxe
reflexada na auga, e que atopamos en moitas representacións artísticas) co seu complexo
sistema de referencias psicoanalíticas, xa moi explotadas; e tamén o estaría, en menor medida co
mitoxemelgo de Eco, a ninfa rexeitada que representa o reflexo acústico a modo de espello do
son. Pero hai unha segunda vertente, en sentido inverso: a do espello que reflexa un estado
interior como reflexo da alma(que co desenvolvemento moderno da psicoloxía se extende á
2
imaxe do Yo, de aí tamén a superstición cara a ruptura do espello). Pero esta vertente está
intimante relacionada con diversas...
Regístrate para leer el documento completo.