A Decisión De Fausto

Páginas: 14 (3418 palabras) Publicado: 3 de febrero de 2013
A DECISIÓN DE FAUSTO de Xoán Carlos Riobó

Soa a música dunha guitarra en directo. Entra a NARRADORA pola esquerda á vez que a guitarra marca unha soa nota longa. A NARRADORA debuxa esa nota no aire ata que a detén cun golpe seco. Fausto está de pe no lateral dereito e María no lateral esquerdo.

NARRADORA: Querido público, a continuación imos presentar unha historia que aconteceu hai algúntempo. Trata sobre a relación de Fausto e María, dous mozos que estaban a vivir unha vida intensa. Coñecéronse no instituto e levaban varios anos de amantes. María ao acabar filoloxía, atopou traballo nunha librería. Era doce e entregada ao amor. Fausto tocaba nun grupo de música e actuaba en salas como A Fábrica de Chocolate ou a Salasón. Ao contrario que María, tiña un aquel de vaidade.Gustáballe destacar, ser recoñecido. Pero, mellor imos directamente á historia (redobre de tambor), vexamos como comezou todo (gong).

Son das ondas do mar. MARIA vai onde FAUSTO.

MARÍA: Amor, como te botei de menos. Por fin estou contigo. Déixame apertarte (apértao por detrás. FAUSTO móstrase frío). Que che pasa?
FAUSTO: Nada! Esta noite tocamos no Aturuxo.
MARÍA: É verdade. Na final do concursode música Emerxente. E estás nervioso... (Faille cóchegas).
FAUSTO: Para quieta, María! Estou desexando que chegue o momento. Sabes o importante que é para min. Se gañamos o concurso, poderemos gravar un disco e dar o salto á fama.
MARÍA: Amor, que tolo estás.
FAUSTO: Estou farto de tocar en pequenas salas por uns cantos euros. Ás veces non dá nin para cubrir gastos. Ti ben o sabes.
MARÍA:Pero vas tirando co que gañas. Para que queres máis?
FAUSTO: Quero ter, gastar. Sen cartos non podo facer nada.
MARÍA: Non sexas tan ambicioso. (Música) Mira, vese a lúa. Aínda é de día. Lembras a noite que nos demos o primeiro bico, alí, no peirao? Ela iluminaba as nosas caras. As horas parecían minutos.
FAUSTO: Xuramos amor eterno baixo a súa luz.
MARÍA: Amor eterno no tempo detido. (Quedanestáticos. Deixa de soar o mar)

Música de “Con su blanca palidez”. Entra pola esquerda a NARRADORA.

NARRADORA: Pero o tempo seguía transcorrendo. María e Fausto dirixíronse ata a sala Aturuxo de Bueu, lugar no que se desenvolvería ese concurso musical que tan importante era para el (escóitase o final dunha canción e aplausos). A Banda de Fausto remata o concerto. Os seus membros chegan aoscamaríns.

Entran FAUSTO e outros dous membros do grupo. De lonxe óese o son do público)

MOI: Que ben nos saíu o concerto!
ABEL: Soaba de puta madre.
FAUSTO: Por unha vez non desafinaches.

Entra MARÍA e saúda a todos.

MARÍA: (Chocando as mans de todos) Estivestes fantásticos. Así se toca.
FAUSTO: Grazas, María.
MARÍA: (A FAUSTO)Estou orgullosa de ti, amor. (Sepárase e fala paratodos) Vistes como alumeaban os chisqueiros e bailaban ao son da música? Foi flipante.
MOI: Había conexión.
ABEL: Canto máis coreaban, mellor levaba o ritmo co meu baixo.
MOI: Agora só nos queda agardar a decisión do xurado.
ABEL: Escoitade...

Escóitanse os gritos intensos do público e un altofalante que di o seguinte: “A continuación procederemos a facer público o grupo gañador do Xconcurso de música Emerxente que consta dun premio en metálico de mil euros e a gravación dun CD coa distribución do mesmo por todos os establecementos musicais da provincia. E o gañador desta décima edición é: (redobre de tambor)A Banda de Fausto” (gong).

Os berros do público acentúanse. Os personaxes que están en escena ao escoitar a noticia apértanse e dan gritos de alegría. Ábrese o pano de fondoe de costas, saúdan ao público e recollen o premio. Regresan aos camaríns. Son lene de público

TODOS: Oé... oé, oé, oé... oé... oé
FAUSTO: (A MARÍA) Fantástico, gañamos!
MARÍA: Sodes os mellores. (Os músicos vanse para o espazo musical)
FAUSTO: (A MARÍA) Cando nos entreguen o cheque, o primeiro que faremos será perdernos unha semana por calquera lugar do mundo. Ti e máis eu. Agora iremos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El fausto
  • fausto
  • Fausto
  • El fausto
  • Fausto
  • El Fausto
  • Fausto
  • fausto

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS