A diversidade climatica galega

Páginas: 5 (1102 palabras) Publicado: 12 de mayo de 2013
Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación.
Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación
Pola súa posición xeográfica, entre os 41º 48' e 43º 47' de latitud norte, Galicia inclúese dentro das rexións de clima oceánico de fachada occidental, que se caracterizan por contar cunha amplitude térmica reducida, con invernos suaves, veránsfrescos e precipitacións abundantes regularmente repartidas durante todo o ano. Non obstante, certos factores como a disposición do relevo -que segue en moitos casos unha orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO-; a orientación da maioría das rías a favor dos ventos oceánicos, a distancia ao mar, ou as peculiares características das depresións e dos vales fluviais,introducen unha serie de matices climáticos. De modo simplificado, pódese dicir que de oeste a leste e de norte a sur se produe unha progresiva gradación dos trazos típicos do dominio oceánico. Esta transición bioclimática dai que poidamos distinguir, polo menos, cinco ámbitos diferentes: a Galicia occidental, a fachada cantábrica, as áreas de motaña, a Galicia interior e os vales e depresións dosector meridional.
1. Galicia occidental As temperaturas medias sitúanse arredor dos 12º, mentres que as precipitacións poden chegar a superar os 1500 mm anuais. No caso da área centro-occidental de Galicia, a orientación das rías favorece a entrada das masas de aire que, ao se atoparen cos pés das serras centrais, producen abundantes precipitacións. Nas Rías Baixas rexístranse temperaturaselevadas durante gran parte do ano (entre 12-15ºC de media) e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, estas presentan unha distribución máis estacional, cunha forte tendencia á aridez estival.
2. Fachada cantábrica A Mariña lucense presenta un descenso relativo das precipitacións, que se sitúan entre os 800- 1000 mm anuais, con respecto á fachada atlántica, aínda que senaridez estival. As temperaturas mantéñense, así e todo, en valores semellantes, con invernos frescos e veráns suaves.
3. Áreas de montaña En Galicia o clima oceánico de montaña dáse, en xeral, por riba dos 700 metros de altitude, aínda que as súas características esenciais (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, e maior frecuencia das precipitacións en forma de neve) rexístransefundamentalmente nas serras orientais e sudorientais.
4. Galicia interior A distancia ao mar e a protección das serras nos sectores da Terra Chá, Chantada, Terra de Lemos, Arnoia e A Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás dos outros dominios e que aumente a oscilación térmica, que se aproxima aos 14º C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos.
5. Vales e depresións do sector meridionalOs vales do Miño medio e do Sil, así como as pequenas depresións do sur, constitúen os sectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante a época estival. En xeral, as precipitacións adoitan ser inferiores a 700-800 mm e rexístrase un aumento xeneralizado das temperaturas, cunha media anual superior aos 14º C. Estas características fan que a zona sexa considerada de transición ao climamediterráneo.
A compartimentación do relevo xunto cunha elevada pluviometría e un substrato litolóxico moi impermeable propicia unha rede fluvial moi densa. Os ríos galegos teñen un gran poder erosivo e presentan na súa maioría un réxime pluvial oceánico, cun ritmo anual simple dun máximo no inverno, en xaneiro ou febreiro, e un mínimo no verán, en agosto ou setembro. Os cursos da cunca hidrográficacosteira divíndense en dúas zonas: os ríos da vertente norte, nacen nas serras litorais, a excepción do Eo e do Navia, que teñen o seu nacemento nas serras orientais. Son de curso moi curto, agás o Navia, o máis longo desta vertente, que desemboca fóra de Galicia. Os ríos da vertente atlántica nacen nas serras litorais ou nas occidentais. Destacan o Tambre, o Ulla e o Eume. O Miño e o Sil son os ríos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A industria galega e o cambio climatico
  • Galego
  • Galego
  • Galego
  • GALEGO
  • Diversidade Cerrado
  • Fol01 Galego
  • Literatura Galega

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS