A Esmorga Resumo

Páginas: 14 (3395 palabras) Publicado: 9 de abril de 2013
A esmorga de Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897− Vigo, 1979) é un narrador fundamental do século XX.
Na súa xuventude relacionouse con Risco, que o levou a entrar en contacto coas literaturas europeas. Emigrou
a Arxentina no 1919 e viviu moitos anos en América.
Como poeta ten libros en castelán e galego. Entre a súa obra en galego están: Romancesgalegos (1928),
Poema en catro tempos (1931) e Cancioneiro (1956).
Como narrador, Blanco Amor foi máis tardío. Publicou tres libros en galego: A esmorga (1959), Os
biosbardos (1962) e Xente ao lonxe (1972).
A esmorga é a novela máis popular e lida de Blanco− Amor. Tivo que publicarse por primeira vez en Buenos
Aires, no 1959, ante a negativa da censura franquista a permitir que circulaselibremente esta historia
traxicómica. É unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco− Amor como escritor.
Pero Blanco Amor tamén foi autor e director de teatro, xénero potenciado polos galegos emigrantes ou
exiliados. O seu teatro pretende popularizar a linguaxe dramática e ten intención didáctica. Os temas son
variados: o amor, as reflexións sobre a condición humana, a idea deDeus na sociedade actual,... Escribiu:
Farsas para títeres e Teatro pra xente.
Resume do argumento
O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na
cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.
Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración natráxica historia
del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e
convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos
baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.
Ósaír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca
xente ollou. Métense por un buraco do xardín e ollanna dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas
comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu,
quen lles invita aquedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan
de alí.
Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres
dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira
daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ófinal tamén lles botan fóra.
Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería
o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen,
1

agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.
Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima deestar coa muller que virán pola mañá.
Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller,
que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha
prostituta.
Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e
o Bocas oblígana aestar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O
Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata.
O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • RESUMEN A ESMORGA BLANCO AMOR
  • Resumo A Esmorga
  • A esmorga- resumen
  • Comentario-resumen de la novela A ESMORGA de Eduardo Blanco Amor
  • A Esmorga
  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS