"A esmorga"
YOEL ASTARIZ NÚÑEZ 2ºC-BAC
ÍNDICE
COMENTARIO
Biografía do autor………………………………………………………………………2
Resumen………………………………………………………………………………………….2
Tema…………………………………………………………………………………………………2
Narrador…………………………………………………………………………………………3
Estrutura……………………………………………………………………………………….3
Estilo e linguaxe……………………………………………………………………………3
OpiniónPersoal……………………………………………………………………………..3
TRABALLO
Personaxes………………………………………………………………………………...4-8
1
Biografía do autor
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor naceu en Orense en 1897, foi un escritor español que escribiu en lingua galega e castelá, un autor fundamental dentro da literatura galega e un dos pais do renacer da nosa cultura literaria.
En1919 emigrou a Arxentinadedicándose ao periodismo, á poesía e á oratoria, continuando en contacto con intelectuais galegos da emigración ao mesmo tempo que se relacionaba co ambiente literario arxentino. Dende alí desenvolveu, como moitos outros dos nosos autores, un importante labor galeguista sempre ao lado da causa republicana.
Dende 1933 ata 1935 viaxa a España como correspondente de La Nación, pero non será ataa década dos 60 cando volva definitivamente a Galicia.
Escribiu poesía, teatro e novela. Foi fundamentalmente poeta antes de 1936 e prosista despois.
Como poeta ten libros en castelán e galego, entre a súa obra en galego están: "Romances Galegos" (1928), "Poema en catro tempos" (1931) e "Cancioneiro" (1956).
Como narrador, Branco Amor foi máis tardío, publicou treslibros en galego: "A esmorga" (1959), "Os biosbardos" (1962) e "Xente ao lonxe" (1972).
Pero Blanco Amor tamén foi autor e director de teatro, xénero potenciado polos galegos emigrantes ou exiliados. Ou seu teatro pretende popularizar a linguaxe dramática e ten intención didáctica, escribiu: "Farsas para monicreques" e "Teatro pra xente".
Eduardo Blanco Amor faleceu en Vigo endecembro de 1979.
Resumo
"A esmorga" conta a historia de tres amigos Cibrán, o Bocas e Milhomes, personaxes da baixa sociedade de "Auria" e que son victimas dunha sociedade que os marxina.
Estes tres amigos atopanse un luns e deciden irse de esmorga. Pasan o día emborrachándose e movéndose por tabernas, prostíbulos, Pazos,… En estes sitios realizan un montón de delitos: incendio,roubos, maltrato a mulleres, pelexas, apostas,... que fan que a Garda Civil os persiga.
Todos estes problemas fan que a noite remate cun final tráxico.
Tema: A marxinación social
Tres amigos marxinais, con diferentes personalidades, vanse de "esmorga", unha esmorga chea de desenfreos que lles levará a un tráxico final.
2
Narrador
Nesta novela temos dous narradores:1- Na documentación aparece un narrador cronista que é o propio autor do libro, que conta en primeira persoa onde transcorre a historia e como se documentou do acontecido.
2- Nos capítulos do I ao V o narrador protagonista é Cibrán, que conta a historia, tamén en primeira persoa, do que lles aconteceu aos tres amigos.
Estrutura
A estrutura da novela consta de Documentación e cincocapítulos.
-Documentación: nesta parte o autor, a xeito de introdución, preséntanos o lugar no que acontece a historia e e como se foi documentando sobre ela.
-Os cinco capítulos: recollen a declaración de "O Cibran" e nela a presentación, o nó e o desenlace tráxico da historia.
Estilo e linguaxe
Eduardo Blanco Amor utiliza nesta novela un diálogo innovador xa que só aparecen as respostas deCibrán e o lector tense que imaxinar as preguntas que fai o xuíz. A obra esta escrita en primeira persoa, cunha linguaxe coloquial adaptada a unha lingua popular da época.
Aprécianse un montón de incorreccións lingüísticas: vulgarismos como probe (pobre) e vrau (verán), hipergaleguismos como zoa (zona), lusismos como atei (ata) e sul (sur), castelanismos como saiba (saiba),...
Regístrate para leer el documento completo.