A Esmorga

Páginas: 5 (1189 palabras) Publicado: 28 de abril de 2012
A ESMORGA




O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.


Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homesmarxinais da sociedade.


Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.


Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que viveunha fermosísima muller que pouca xente ollou. Métense por un burato do xardín e ollana dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.


Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lumeao pazo e escapan de alí.


Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra.


Fan plans de saír de Auria en trenpola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.


Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá. Entran dentro da casa, pero oBocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta.


Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da mullervan onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.


O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena. Cibrán morreu trasdeclarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra informanos que non se soubo claramente como morreu.


Estructura


A novela está estructurada nunha primeira parte chamada Documentación e cinco capítulos.


A Documentación é un curto relato a modo de introducción no que o autor informa sobre como recolleu a información para escribir a narración.


Os cinco capítulos están divididos segundoos diferentes días da declaración do Cibrán ante un xuíz:


- No primeiro capítulo, que correspóndese co primeiro día da declaración, Cibrán declara ante o xuíz unha presentación dos feitos, como comezou a historia.


- No segundo capítulo, o segundo día da declaración, Cibrán revela no final que eles prendéronlle lume ao pazo nun descuido.


- No terceiro capítulo ou no terceiro día,Cibrán continúa narrando as falcatruadas que fixeron, e vanse descubrindo novos feitos.


- No cuarto capítulo, conta o que fixeron no pazo dos Andrada.


- O quinto capítulo é o desenlace.


Tempo no que transcurre


A novela presenta dous tempos:


• Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º día: capítulos III, IV eV)


• As 24...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A Esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A ESMORGA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS