a esmorga
A trama desenvólvese na cidade de Auria, trasunto de Ourense, con diversas referencias a espazos ourensáns reais. As 24 horas da esmorga transcorren eninverno, durante unha xornada de choiva, frío e xeada.
Na obra non hai identificación entre autor e narrador. O autor só ten presenza nese primeiro texto introdutorio de documentación e nunhadeclaración asinada; o resto do relato preséntase dende a perspectiva dun narrador protagonista que narra en primeira persoa e que non accede á mente dos outros personaxes agás naquilo que estes deixan entreverpolas súas miradas, faccións ou feitos.
Os coñecementos da acción narrativa que o narrador ten proceden así pois dunha perspectiva de "visión con", pois é estando á beira dos outros personaxes comoel vai coñecendo os feitos. Pero esta visión, que é a única que se manifesta, está no seu fondo complementada por unha "visión dende fóra", pois o narrador é coñecedor tamén do que lle contan ó autor,dos papeis do xuízo e do que se lles oe ás xentes de Auria entre corenta e noventa anos despois de teren ocorrido os feitos.
A participación nos feitos do personaxe-narrador é a dunha testemuñapresencial que se ve implicada nos feitos por un destino fatal. Cibrán o castizo é menos protagonista e máis inocente ca O estranxeiro de Albert Camus. O estranxeiro é un xoguete da forza fatal...
Regístrate para leer el documento completo.