A Esmorga

Páginas: 8 (1801 palabras) Publicado: 17 de enero de 2014
A esmorga é unha novela tremendista[Cómpre referencia] escrita por Eduardo Blanco Amor e publicada en Galicia en 1959.
Índice
• 1 Trama
o 1.1 Personaxes principais
o 1.2 O tempo
o 1.3 O narrador
o 1.4 Presaxios e final
• 2 Homosexualidade
• 3 Recepción
• 4 Adaptacións e traducións
o 4.1 Cine
o 4.2 Teatro
o 4.3 Traducións
• 5 Notas
• 6 Véxase tamén
o 6.1 Ligazóns externas
TramaA novela narra a esmorga de tres personaxes, Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e mais a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro. De feito, é este terceiro, Cibrán, quen lle conta toda a historia ao xuíz, e grazas ao cal coñecemos o sucedido (a súa versión do sucedido). A novela está dividida encinco capítulos precedidos dun pequeno texto de introdución. A introdución está escrita polo autor do texto principal, que retoma a súa voz tamén nos dous últimos, mentres que a maior parte dos capítulos están postos directamente na voz de Cibrán.
A trama desenvólvese na cidade de Auria, trasunto de Ourense, con diversas referencias a espazos ourensáns reais. As 24 horas da esmorga transcorren eninverno, durante unha xornada de choiva, frío e xeada.
Personaxes principaisCibrán o Castizo. Traballador das obras da estrada nacional. Na vintena. Orfo de pai, non se leva coa nai, e ten unha parella ocasional (A Raxada) coa que acaba de ter un fillo.
• Xanciño o Bocas. Profesión descoñecida. Na vintena.
• Aladio Milhomes. Xastre. Na vintena.
O tempo


Primeira estación da ruta d' Aesmorga.
A aventura narrada n' A esmorga ocorreu 90 anos antes da súa narración, e foi recollida a través dun proceso de investigación de fontes e de documentos.
...púxenme agora a escribir esta crónica, e coasi corenta anos de tere recollida tan lene documentación e a noventa dos sucesos mesmos[1]
N' A esmorga hai tres tempos diferentes:
• O tempo da historia: A sucesión de acontecementos quelles suceden ós esmorgantes, e que comprende unhas vinte e catro horas, dende antes do amencer dun luns ata o amencer do día seguinte.
• O tempo en que se relata: Os diferentes momentos en que Cibrán enuncia o seu relato.
• O tempo da escrita: Momento previo ó da comunicación literaria (ou tempo da lectura) en que o autor implícito transmite o conxunto da obra.
Non hai demasiadas referencias ótranscurso específico do tempo, mais o movemento da acción (a sucesión de lugares e o camiño en que se desenvolve A esmorga) dá unha perspectiva temporal que está moi próxima á do tempo de ficción. Esta é a sucesión de lugares polos que vai pasando a acción:
• O personaxe do narrador sae da casa da Raxada, máis aló de Mariñamansa, para estar ás sete no traballo. Atopa o Bocas e o Milhomes antes dechegar ó mesón da Cristalina.
• Taberna da tía Esquilacha (pasa unha hora):
...Cando espertaron, a eso dunha hora dempóis, seguía chovendo arreo e o día empardecera aínda máis, como si fora a vir a noite[2]
• Ponte da urbe (unha hora).
• Casa dos Andrada. O caño grande da Burga (hora de comer).


Roteiro A esmorga (2).
• Pasan o Barbaña, atallan por Salto de Can e chegan ó pazo dosseñores do castelo (tarde).
• Pola tardiña os protagonistas camiñan pola estrada nova nos arrabaldes do Posío
Apañamos a roupa como poidemos, e aínda non tiñamos metidos os pantalóns, cando aparescéu na porta un cabaleiro de polainas cun vergallo na mau. Recuamos e sortimos pola fiestra baixa que daba ó camiño. Eisí, meio ispidos como estabamos, botamos a alandillar pola encosta do monte e nonparamos até o souto dos castiñeiros onde rematamos de vestirnos, baixando logo coasi de rebollós até darmos na carreteira nova. Alí tomamos folgos, descansando un bo anaco. Logo pegando un arrodeo, fomos parar aos arrabaldos do Posío, cerca da ponte da Burga[3]
. Pasan pola Porta da Aira[4], pola fonte de San Cosme[5] e no barrio da Ferrería[6] deciden ir ver ás prostitutas[7] (é noite).
• Casa da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A Esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A ESMORGA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS