A esmorga

Páginas: 11 (2686 palabras) Publicado: 22 de abril de 2014
1.FICHA BIBLIOGRÁFICA

-Autor: Eduardo Blanco Amor
-Título: “A esmorga”
-Editorial: Galaxia
-Colección: Biblioteca Blanco Amor
-Lugar, ano e número de edición: 1959


2.AUTOR

Blanco Amor, cuxo pai abandonou o fogar cando só tiña tres anos, foi un neno enfermizo que non recibiu unha educación formal, pero que aprendeu pola súa conta lendo xornais. En 1915, á idade de dezasete anos,comezou a traballar como secretario de dirección en El Diario de Orense. Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, de quen tamén foi alumno na Escola Normal, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.
En 1919 emigrou a Bos Aires, onde continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa naFederación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, fundada en 1921, que pretendía aglutinar tódolos inmigrantes galegos e da que chegaría a ser director do seu órgano El Despertar Gallego. No 1924 coñece a Ramón Suárez Picallo, que había ser o seu gran amigo. En 1923 fundou con Ramiro Isla Couto a revista Terra, en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista chamadaCéltiga, da que tamén será director. En 1926 entrou a formar parte do diario arxentino La Nación, onde coñeceu escritores arxentinos como Leopoldo Lugones, Horacio Quiroga, Borges, Sábato e Mallea. Tamén colaborou con publicacións como Correo de Galicia e a Revista de la Casa de Galicia.
En 1927 publicou a súa primeira obra, Os Nonnatos. Ao ano seguinte seguiuna o libro de poemas Romances gallegos,encadrado dentro dunha estética modernista cunha forte influencia dos romances casteláns e de Luís Amado Carballo.
En 1928 retornou durante un ano a Galiza como correspondente do diario La Nación. Durante este primeiro regreso coñeceu a Castelao e a varios intelectuais do Partido Galeguista e do grupo Nós, e escribiu Poema en catro tempos, que publicaría posteriormente na Arxentina en 1931. DendeBos Aires colaborou máis tarde coa revista Nós con varios poemas e tres capítulos da súa novela inconclusa A escaleira de Jacob.
Volveu a instalarse en España como correspondente de La Nación entre 1933 e 1935, e coñeceu en Madrid a Federico García Lorca, con quen tivo unha grande amizade e a quen acompañou á casa familiar de Fuente Vaqueros en varias ocasións. É salientable o feito de que BlancoAmor foi o responsable de convencer a Lorca para que publicase os Seis poemas galegos (1935).
Defendeu dende Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria, con obras como Los miedos (1936) ou La catedral y el niño (1948). En 1956 volveu ao galego con Cancioneiro, e en1959 publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: A esmorga. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena é o modo de, sen facer un textobilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude , o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza , o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.
En Bos Airesfundou e dirixiu o Teatro Popular Galego, que puxo en escena obras de Lugrís Freire, do propio Blanco Amor e doutros autores. Tamén foi director da revista Galicia, publicada pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.
Retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, e publicou outra obra que tivo gran repercusión, o libro de relatos Os biosbardos (1962), relatos en primeira persoa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A Esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A ESMORGA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS