A Esmorga

Páginas: 120 (29978 palabras) Publicado: 27 de enero de 2015
A Esmorga

A Esmorga
Eduardo Blanco Amor

A Esmorga Direito autoral © 2013
This book was produced using PressBooks.com, and PDF rendering was done by
PrinceXML.

Conteúdos
Documentación
Capítulo I
Capítulo II
Capítulo III
Capítulo IV
Capítulo V

1
4
33
51
72
87

Eduardo Blanco Amor

104

iv

Documentación

Cando eu era aínda moi rapaz, seguíase a falar do casoentre
as boas xentes de Auria, cibdá onde nascín e onde as cousas
ocurriran. O caso contábase de moitos xeitos pro todos viñan
a casar no final, que decote era o mesmo.
Dempois, cando ía pra mozo e dei nesta teima de
escribir, falei coas xentes de aquel tempo, pergunteille a uns e
a outros, furguei nos papeis e lin os vellos boletís locaes que
atopei, amoreados i en desorde, un poucocomestos dos ratos,
no faiado do Casino de Caballeros. Iste era o centro de
xuntanza dos «forzas vivas» e dos comerciantes maragatos
que, por seren todos iles afervoados xogadores de mus e de
tresillo, falláballes a paixón polas crónicas locaes capaces
de trocárense en historia ou en literatura; i estaban, polo
mesmo, privados de toda propensión a calisquer ordeamento
coleicionista que fose máisaló das súas contabilidades i
espedientes.
Un meu tío, que fora «ministro» do Xuzgado —no seu tempo
chamábaselle co iste magoante nome ós aguaciles—
endexamais quixo, ó menos, dun xeito eispontáneo, falarme
do caso, aínda que era, sen dúbida, o que máis sabía dil entre
os sobreviventes. Pro mentres fun rapaz non quixo decirme
ren, e dempois fun vendo que lle sobraba razón. Somentes
candome viu mozancón asisado, que andaba en tratos con
libros grosos —a pesar de que os meus pais tiñan mentes
de me encamiñar ó honrado gremio dos ebanistas— e a me
cofear cos señorios estudantes, foime decindo, da pouco,
coma quen se desfai dun capital, o que tiña visto e ouvido
1

2 A Esmorga

desta historia dos tres sonados esmorgantes, tristeirísima de
seu, aínda que, ás vegadas, secontase nas tascas con
rexoubeo.
Niste tempo, meu tío era xa home vedraño e marráballe a
memoria, ademais tatexaba de vellez, logo de tere sido tantos
anos insine paliqueiro, requerido i escoitado en roldas e
tabernas. Pra arrequentarlle a carraxe e aledarlle as forzas,
foron infindas as xerras de viño que tiven que lle pagar, e
algún que outro resolio nas seráns de friaxe, e levalo moitastardes á raxeira do sol pola carreteira da Granxa, cuias
tascas, arrecendentes ó bo morapio do país, minoraban as
melanconías dos xubilados. Asumía eu todos estes sagrifizos
porque tencionaba facerme coa parte viva dos sucesos que
os papeis procesaes, coa súa prosa adurmiñada e as súas
consabidas terxiversaciós, non me daban dabondo ou que as
pantesías, xa tradicionaes, nos relatos do pobo, medaban en
demasía.
Tamén tiven que me valer do Tijeradeoro, que era un xastre,
fillo doutro xastre, compañeiro de agulla do Milhomes, a
quen o leitor conecerá de contado e colleralle —supoño eu,
que neso hai difrenza de gostos— xenreira pra toda a vida.
Polo visto o pai diste segundo xastre, xa de vello, non facia
máis que falar do asunto. Contábao dunhas vinte ou trinta
maneiras, asegún ohumor que o acometese no seu desenrolo;
pro decote cun entusiasmo tan persoal e afervoado coma si en
troques de tere sido contemporao, sinxelo contemporao coma
tantos outros que facía xa meio século —pois no meu pobo a
xente vive con teima inacabábel— asistiran ós sucesos, tivese
sido un dos principaes protagonistas. Por todo esto, tales
testemuñas de segunda mau —aínda que mellor seríadecire
de segunda agulla—, tívenas por dabondo sospeitosas, por
sobexamente imaxinativas e miudallentas, como decote pasa

Documentación 3

coas testemuñas dos xastres que se doen da
minuciosidade ornamental e do preciosismo sedentario
propios do seu oficio.
Conque pillando deiquí e daló e cavilando pola miña conta,
ó traverso dos caraiteres entreollados, púxenme agora a
escribir esta...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A Esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A ESMORGA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS