A formacion da polis grega
1. A formación da pólis gregas.
As pólis nacen no século VIII a. C., e desaparecen tras a Guerra do Peloponeso no século IV a. C.
Eran, en xeral, pequenas poboaciónsautosuficientes, autárquicas, é dicir con recursos económicos, miltares, políticos e de todo tipo para se manter independentes. De aí a tradución de "pólis" por cidade estado.
No período das Guerras Médicascontra o imperio persa, aos que os gregos chamaban "medos", as pólis ante o perigro de ser conquistadas se coaligaron para manter a súa independencia. Formáronse dúas grandes coalicións, a capitaneada porAtenas, a liga de Delos; e a capitaneada por Esparta, a Liga do Peloponeso.
O triunfo sobre os persas levou as pólis de Atenas e de Esparta a un gran crecemento en termos políticos, económicos eculturais. A mediados do século V a.C., a riqueza de Atenas, entón gobernada por Pericles, atraeu a gran número de sabios e artistas. Entre eles chegaron Anaximandro, o primeiro filósofo de Atenas, eos sofistas.
Cara ao final de século, as rivalidades entre Atenas e Esparta concluíron na Guerra do Peloponeso. Ambas pólis debilitadas polo seu enfrontamento non puideron evitar a súa coquista poloimperio dos macedóns.
As pólis máis antigas tiñan gobernos monárquicos. Un, ou ata nove, homes tiñan o poder de poñer a lei e administar a xustiza. Eran os arcontes da palabr grega arjé ou arché.De aí monarquía ou "un arconte".
No transcurso das Guerras médicas as monarquías foron substituídas paulatinamente por unha forma de goberno democrática. O exemplo máis evidente desta evolución éAtenas. A guerra contra os medos involucrou a maior parte da poboación. Cousa que non sucedía ata ese momento. Só interviña a parte rica e mellor armada da poboación.
A participación na guerra dospobres comportou a esixencia destes de tamén participar no goberno e administración das pólis. Xorde así unha tensión crecente entre os ricos, os eupátridas e os pobres, tetes.
Co fin de poñer...
Regístrate para leer el documento completo.