A Formacion Da Polis Grega
O marco de referencia social e ideolóxico da Grecia anterior á Filosofía está recollido por Homero nos seus poemas épicos, a Iliada, e a Odisea. Os poemas homéricosdescriben unha sociedade agrícola e mariñeira na que domina unha clase aristocrática que ten como valores supremos a honra e a gloria. Os deuses desta sociedade son deuses antropomórficos, as súasmotivacións son as mesmas que as dos humanos, dos que se intentan obter favores con súplicas, promesas e sacrificios.
Xeograficamente o interior de Grecia é moi montañoso e estéril. A poboación agrupábase nosvales formando comunidades dispersas ao redor dunha cidade preto do mar e rexida por unha monarquía hereditaria. Estes estados monárquicos descritos por Homero, sofren unha crise social e políticaarredor de século VIII a.c. As pequenas vilas unifícanse en torno a unha localidade que será o centro social, económico e político, a polis ou cidade-estado, nas que van sucedéndose os cambios naorganización socio-política. As necesidades económicas e o feito de que as comunicacións fosen moito máis fáciles polo mar fixeron que os que non podían subsistir en terra dedicáranse á navegación fundandocidades nas costas da Xonia (Asia Menor), Sicilia e o Sur de Italia. As monarquías son substituídas pola aristocracia ou goberno dos nobres e posteriormente por tiranías, e dicir polo goberno dunlíder, que o é polo seu carisma, non por herdanza. Baixo o goberno dos tiranos as polis adquiren unha gran prosperidade económica como consecuencia do desenvolvemento do comercio, e a industria artesá..É nestas cidades, nas ricas polis marítimas de Xonia e o sur de Italia, onde se produce o xurdimento do pensar racional, o desenvolvemento da filosofía. Estas polis, estratexicamente situadas, son unlugar de intercambio, non so comercial, senón tamén cultural. Ademais o feito de que Grecia non teña unha casta sacerdotal influínte que defendera un dogma, un discurso relixioso pechado...
Regístrate para leer el documento completo.