A formación da pólis grega

Páginas: 9 (2069 palabras) Publicado: 10 de diciembre de 2013
1. FILOSOFÍA ANTIGA (I). PLATÓN.
I. Marco Histórico conceptual.
1. A FORMACION DA PÓLIS GREGA.

A) Introducción.

A ORIXE e formación da pólis é un concepto fundamental para entender a orixe do pensamento racional e da historia da Filosofía. Porque a pólis é un dos grandes legados que nos deixou a cultura grega e que influiron decisivamente na evolución da historia de Occidente.

A pólisé, como afirma o profesor Emilio Lledó, “unha rede de convivencia, de contrastes, de críticas, de información e de ideas”. É un espazo de debate no que o centro da actividade trasládase ao Ágora, un espazo público e aberto (fora do palacio-fortaleza) no que os cidadáns deciden en asamblea as cuestións relativas ao goberno da pólis para mellorar e perfeccionar a convivencia (voltaremos sobre ísto).Digamos como asunto a tér en conta que, visto desde unha perspectiva actual resulta contradictorio situar a Grecia clásica como paradigma da democracia cando a sociedade grega era esclavista e os dereitos democráticos estaban reservados a poucos cidadáns. Neste sentido sorprenden moito algún textos de Platón ou Aristóteles xustificando o esclavismo e a división social como algo natural.

Senaceptar en absoluto as consecuencias nen a traslación desta parte dos seus escritos, digamos tamén que hai que contextualizalos no marco dunha sociedade que proviña de situacións aínda piores e na propia situación social dos seus autores que pertencían a unha clase acomodada. (Voltaremos tamén sobre esta cuestión)

B) Antecedentes históricos da pólis.

Os historiadores distinguen 5 etapas naevolución da Historial do mundo grego que van desde o ano 2000 a.c. atá o 146 a.c. aproximadamente.

a) Cultura Micénica 2000-1150 a.c..
b) Época Escura 1150-800 a.c.
c) Época Arcaica 800-500 a.c.
d) Época Clásica 500-338 a.c.
e) Época Helenística 338-146 a.c.

Para ubicármonos históricamente e comprender mellor a formación da pólis digamos brevemente que a cultura micénica era unhacivilización guerreira formada por unha serie de reinos independentes. Cada reino artellábase arredor dun palacio-fortaleza controlado por un rei e unha casta militar que dominaban as aldeas a través dos seus representantes.

A estructura social era vertical e moi xerarquizada e a mayoría da poboación carecía de poder e capacidade de decisión nos asuntos do reino.

Na denominada Época Escuradesaparece a civilización micénica e con ela desaparecen as castas militares gobernantes e os palacios-fortaleza. Isto provoca unha transformación no sistema político e social porque as as aldeas se independizan e aparece unha casta de nobres terratenientes que acaparan a riqueza económica e o poder político. Esta nobreza considérase posuidora da virtude (areté) e socialmente son considerados osmellores (aristoi), o que dará lugar a unha forma de goberno aristocrática.

Progresivamnte, estas aldeas escomezaron a agruparse por intereses económicos e sociais e constituiron o xérmolo da aparición das cidades-estado, é dicir, das pólis.

C) A formación da pólis.

A construcción da pólis ten lugar na época arcaica e se desenvolve con esplendor nos séculos seguintes atá o seu declive noperíodo helenístico.

Para entender en toda a súa dimensión a importancia deste feito temos que profundizar nas causas que propiciaron o seu nacimento e nas consecuencias político-culturais que del se derivaron.

Sobre as CAUSAS económicas e sociais, digamos que entre os anos 750 e 550 a.c. tivo lugar unha expansión colonial dos gregos por todo o Mediterraneo. Esta expansión foi seguramentedebida a un empeoramento das condicións de vida provocado pola mala distribución das terras e polo incremento da poboación. Como consecuencia desta expansión colonial prodúcese un grande desenvolvemento da navegación e o comercio e o florecemento dunha nova clase social (os comerciantes) que progresivamente reclaman e conquistan maior poder social e político.

Da mesma maneira, as novas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A Formacion Da Polis Grega
  • Formación da Polis Grega
  • DA O A LA FORMACION
  • La formacion de la polis griega
  • Formacion polis griega
  • Formación Etica Que Da La Escuela
  • La formacion de las Polis
  • Greg

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS