A Galiza do antigo rexime
A GALICIA DO ANTIGO REXIME(17001808)
Guión do Tema
2.1.2.2.2.3.2.4.2.52.62.72.8XVIII
2.92.10-
A DEMOGRAFÍA NO SECULO XVIII E OS NOVOS CULTIVOS
O SISTEMA AGRARIO: O FORO
AS INDUSTRIAS RURAIS
OS INICIOS DA INDUSTRIA MODERNA
FIDALGOS E CREGOS. PROPIEDADE E EXCEDENTE AGRARIO
O CONFLITO FORAL
O COMERCIO E A PESCA
A ILUSTRACION E AS INSTITUCIÓNS DA GALICIA DO SÉCULO
O REFORMISMODOS ILUSTRADOS
A VISIÓN DE GALICIA SEGUNDO OS ILUSTRADOS GALEGOS
-----------------------------------------------------------------------..................................................................................
2.1.- A DEMOGRAFÍA NO SECULO XVIII E OS NOVOS
CULTIVOS
A Galicia do s.XVIII era, como a meirande parte de Europa desa
época, unha sociedade eminentemente rural e agraria.Caseque
todo o mundo vivía en aldeas e en pequenas vilas. Santiago era
a cidade máis poboada aínda que non chegaba aos 20.000
habitantes.
As sete cidades, Santiago, Tui, A Coruña, Mondoñedo,
Lugo, Betanzos e Ourense, e as vilas de Ferrol, Pontevedra ou Vigo,
apenas sumaban en total o 5% do total dos habitantes de Galicia.
Porén, a densidade de poboación (45hab/km2) era unha das máisaltas da Monarquía. De feito a recuperación demográfica que na
Península non se produciu ata o sec. XVIII, en Galicia adiantouse en
cincuenta anos.
Este aumento da poboación foi posible grazas tanto ao
incremento da producción agraria debido á roturación de
terreos ata entón non cultivados como a introducción do millo
procedente de America.
Sen embargo, a mediados do s XVIII, comeza acrecemento demográfico e
deterse este
a partires dese momento danse os
primeros elementos que explicaran os procesosos migratorios dos
galegos que, aínda que non acadaran nesta época o tamaño masivo
de cen anos despois, si actuara xa nalgunhas bisbarras como válvula
de escape entre a poboación e os recursos
2.2.- O SISTEMA AGRARIO: O FORO
Ao xa citado desequilibrio existente entre apoboación e os recursos,
hai que engadirlle un sistema de produción agraria que facía a vida
moi difícil aos campesiños que representaban o 80% dos habitantes
do país. Lembremos que, ademais de pagarlle á Igrexa os décimos e
as primicias , estes tiñan que pagar rendas en forma de colleita aos
titulares do dominio directo da terra (a Igrexa), en troques do dereito
a cultivalas. Esta rendaagraria tiña varias modalidades, a máis
característica seguia a ser o foro
O Foro era un contrato a longo prazo(moitos establecidos pola
vida de tres reis máis 29 anos) que o titular dunha propiedade de
terras facía a un fidalgo, a un labrego, ou a toda unha
comunidade aldeá, en virtude do cal o primeiro (ou sexa o
titular, Igrexa ou nobre) cedialle ao fidalgo , labrego ou
comunidade
aldeá,o
uso
dunhas
terras
e
este
comprometiase a entregarlle todos os anos determinadas
cantidades de gran ou viño, así como otros produtos e
animais.
Cando remataba o prazo estipulado, o foro se lle renovaba
aos descendentes dos primeiros foreiros. Se o labrego titular
morría antes do remate do prazo, o foro pasaba aos seus
herdeiros.
Malia ser a galega
unha agriculturarelativamente moderna, o
pequeno tamaño das explotacións e as limitacións técnicas daqueles
tempos facian que as familias apenas quedasen co xusto para
sobrevivir, despois de pagaren décimos e rendas e de reservaren o
necesario para sementar no ano seguinte.
Por iso os campesiños buscaban fontes complementarias de ingresos,
tales como a cria de gando, a artesania ou industría doméstica,así
como na emigración temporeira ou no comercio ambulante
2.3.- AS INDUSTRIAS RURAIS
A agricultura galega do periodo(sXVIII) estaba moi centrada no
autoconsumo
e as actividades
industrias
estaban
pouco
desenvolvidas. Artesáns urbanos e comerciantes representaban
unha porcentaxe moi cativa das poboación activa. Así e todo a
producción de bens non agrarios aumentou durante o...
Regístrate para leer el documento completo.