A Grecia Arcaica

Páginas: 15 (3572 palabras) Publicado: 25 de septiembre de 2011
TEMA 9: A GRECIA ARCAICA
No século VIII a.C. iníciase un período decisivo para a historia do mundo grego. No transcurso do século IX xa se comezara un proceso de recuperación da situación de atraso que caracterizara a Época Escura (recordemos: diminución da poboación, desaparición das construcións en pedra e da escritura, perda da importancia da agricultura).
Así pois, é entre os séculos IX eVIII a.C. cando se experimentan toda unha serie de mudanzas que se van consolidar en séculos posteriores:
a) CRECEMENTO DEMOGRÁFICO: Este crecemento veu dado polo desenvolvemento económico determinado por unha revolución agrícola. As escavacións sistemáticas dos lugares de sepultura de Atenas e en xeral de toda a Ática, demostraron a existencia dunha poboación estable ata o século VIII,momento no que medra repentinamente. O mesmo acontece en Argos e Corinto, prodúcese un aumento de poboación considerable. E de igual xeito en Esparta, onde se fixo necesaria a expansión cara a Laconia meridional e Mesenia.

b) REACTIVACIÓN da ACTIVIDADE RELIXIOSA e de OFRENDAS: Comézase a desenvolver nos lugares nos que posteriormente se construirán os grandes santuarios e constrúense os primeirostemplos.

c) HÁBITAT: Segue a ser pobre, pero realízanse os primeiros intentos monumentais.

d) Aparecen os primeiros exemplos de PEQUENA ESTATUARIA de BRONCE.

e) A REFORMA HOPLÍTICA
* Aparece a falanxe hoplítica como formación de combate a mediados do século VIII a.C.
* É unha formación rectangular compacta e cerrada composta por infantes que loitan xuntos ombro con ombro.* Os hoplitas páganse a súa propia panoplia de combate. Deste xeito, o normal é que fosen campesiños acomodados ou persoas de condición social elevada.
* A aparición desta nova formación de combate responde a unha nova concepción de guerra: non heroica nin de combate en solitario, senón unha guerra comunitaria (combatentes cidadáns).

f) A APARICIÓN DA ESCRITURA
* Fin do mundomicénico = fin da escritura, xa que desaparece o tipo de sociedade que a necesitaba.
* Pero a metade do século VIII a.C. os gregos recuperan a escrita readaptando o seu alfabeto ao fenicio. Pénsase que o empréstito comercial entre gregos e fenicios foi o causante de tal cambio. As modificacións efectuadas foron:
* A introdución de vogais.
* A introdución de formas de escrituracursivas.
* A modificación dos valores fonéticos.
* A introdución das letras finais.
* Este sistema propágase con certas variacións rexionais, só universalizándose no ámbito helénico o sistema xonio de 24 signos.
* Escribíase sobre pedra, madeira, metal, papel e coiro.
* As primeiras inscricións datan de fins do século VIII ou comezos do VII, a modo de dedicatoria nunobxecto do propietario ao destinatario.

g) A INVENCIÓN DA MOEDA
* As primeiras moedas aparecen no século VIII a.C. na Grecia asiática, sendo as primeiras emisións en Lidia no terceiro cuarto deste século, e xa no último cuarto no continente grego.
* A moeda non parece ter xurdido como para facilitar os trocos comerciais somo moitas veces se supón, xa que a súa área de expansión non soen irmáis alá das fronteiras das cidades, e a inexistencia de fraccións pequenas desas moedas faina inútil para moitas transaccións. Polo tanto cabe pensar que tiñan un sentido máis moral que económico, que aparece coa normalización das relacións sociais da cidade a finais do século VII e principios do VI.
* A partir de entón, rapidamente se fai necesaria para a realización de pagamentos fiscais(multas e penas) e para a retribución das tropas mercenarias.

h) A CREACIÓN DA POLIS:
Dende o punto de vista xeográfico, a polis é o conxunto da cidade e o seu territorio. É dicir, é un núcleo urbano (asty), presidido pola acrópole, e rodeado das terras de labor (chora).
A súa orixe foi debatida desde dous aspectos:
* O marco xeográfico: a fragmentación do territorio. Isto non pode...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La grecia arcaica
  • Grecia Arcaica
  • Maestros de la verdad grecia arcaica
  • Grecia Arcaica
  • El Arte De La Grecia Arcaica
  • Grecia Arcaica y Clasica
  • Los Maestros De Verdad En La Grecia Arcaica
  • Los Maestros De Verdad En La Grecia Arcaica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS