A II REP BLICA

Páginas: 26 (6308 palabras) Publicado: 1 de mayo de 2015
TEMA 10- A SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA
1- A CHEGADA DA REPÚBLICA
A Segunda República, 1931-36, intentou solucionar os vellos
problemas de España, modernizándoa,e instalando un sistema
democrático puro. Vaise caracterizar, como a primeira república,
pola inestabilidade, a radicalización, as divisións internas e o
desfavorable contexto internacional.
-- O Contexto Histórico español: É o remate finaldun período
de crise que se inicia no 1898 e prosigue coas crises de 1909,
1917, 1921 e a Ditadura de Primo de Rivera. A Ditadura de
Primo deixara sen Constitución e sen sistema democrático a
España; a Segunda República ía intentar consolida-la democracia en España. Trala caída da
ditadura, a perda de apoios e a soidade da monarquía era manifesta. Alfonso XIII nomea como
xefe do goberno ó xeneralBerenguer (ditablanda) e posteriormente ó almirante Aznar que
convoca as eleccións municipais de 1931. Neste contexto firmase o Pacto de San Sebastián
1930 (partidos que se reúnen para tirar por terra a monarquía)
-- O contexto internacional, é desfavorable á República; en primeiro lugar debido á crise
económica de 1929 e tamén a crise dos sistemas democráticos en Europa, é unha época moiturbulenta en Europa xa que na década dos anos trinta os fascismos están no poder en Italia
e Alemania e se consolida o réxime comunista na URSS.
-- As eleccións municipais do 12 de abril Coa perda das eleccións municipais por parte dos
partidos monárquicos, nas principais cidades españolas o 14 de abril se proclama a Segunda
República en medio dun ambiente de xúbilo, consenso e alegría. Eibar no PaisVasco, foi o
primeiro lugar onde se proclamou, logo seguiron outras cidades como Barcelona, A Coruña, Vigo
ou Madrid. En Galicia o primeiro concello en sumarse á República foi o de Porto do Son.
O período da Segunda República é moi importante na historia de España; non só polo
intento de establecer un sistema democrático e moderno, senón polo seu fracaso, por deixar
paso á guerra civil e á ditadurae, por servir de modelo á transición española, que imitou parte
dos seus acertos, pero tamén tivo en conta os seus fallos.
RESULTADOS DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 12 DE ABRIL DO 1931
Votos emitidos 66,9%
RESULTADO DAS VOTACIÓNS

Abstención

33,1%

41 capitais de provincia de 50
VICTORIA REPUBLICANA

RESULTADOS Nº DE CONCELLEIROS

Outras cidades:
Sabadell,Tarrasa,Elda,Jaca,Gijón,Irún,Cartagena...

5775 concelleiros republicanos



22.150 concelleiros monárquicos

Grupos que non apoian á República: Exército, Igrexa, forzas de seguridade, propietarios
agrarios, industriais e financeiros. Cando notaron inseguridade ante as masas populares
quixeron botar por terra á República.
1

2- FASES DA REPÚBLICA

2.1- GOBERNO PROVISIONAL Abril a Xuño 1931
Denomínase así porque é un goberno transitorioata que se realicen unhas eleccións. Abarca
dende a proclamación da República ás eleccións de xuño de 1931. Para algúns autores esta fase
estaría incluída no bienio reformista pero ten características específicas para ser estudada como un
período aparte.
Durante este período, España estivo rexida por un Goberno Provisional, cuxa misión
fundamentalmente foi a de convocar eleccións a CortesConstituíntes mentres non se elabora a
Constitución, gobernábase por Decreto. O presidente deste goberno foi Niceto Alcalá Zamora,
presidente do Comité Revolucionario que proclamou a República (xurdido tras o Pacto de San
Sebastián en 1930).
O goberno estaba composto por republicanos de todas as tendencias e algúns socialistas:
polo que apoiouse nas clases medias republicanas, a pequena burguesía, osintelectuais e a clase
obreira organizada (PSOE y UGT). As forzas de oposición eran de dereita, a oligarquía desprazada
do poder, a esquerda radical e o proletariado revolucionario (como CNT). O goberno Provisional foi
un goberno de concentración (que agrupaba ós republicanos de dereitas, centro e esquerdas e ós
socialistas) no que están representados os participantes no “Pacto de San Sebastián”....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • II REP BLICA
  • Rep Blica
  • REP BLICA
  • Rep Blica
  • La Rep Blica
  • La Rep Blica
  • II REP BLICA Y GUERRA CIVIL
  • Tasca Sobre La II Rep Blica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS